Non perdas a súper Lúa

Non te perdas a súper Lúa desta noite. Clica na imaxe e descubre toda a información.

EXPERIMENTAMOS: FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Fixemos catro experimentos relacionados cos catro procesos da función de nutrición.

Conferencia do fotógrafo Felipe Carnotto sobre fotografía social.

Grazas ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, á Xunta de Galicia e ao Concello de Lousame, o alumnado de 3º de ESO e o de 4º que ten Educación Plástica, Visual e Audiovisual como materia optativa asistiu o pasado xoves 3 de novembro a unha interesante conferencia sobre fotografía social impartida polo fotógrafo Felipe Carnotto, gañador da anterior convocatoria do concurso fotográfico “Imaxes con Fondo” e creador da exposición “Nicaragua”.

Alumnado da ESO do CPI Cernadas de Castro visita a XVII Mostra de Curtas Vila de Noia

O alumnado de ESO foi invitado o pasado mércores 26 de outubro a participar na XVII Mostra de Curtas Vila de Noia. Xunto con alumnado doutros centros educativos puidemos gozar de varias curtametraxes no Coliseo Noela. Persoaxes reais e imaxinarios que animaron a nosa mañá.
.

VISITA ÁS MINAS DE SAN FINX

O día 17 de outubro, o alumnado de 2º ESO acudiu ás minas de San Finx como xa tiña feito en anos anteriores. Mais desta vez non foron sós, senón que o alumnado de IES As Insuas, Muros, acompañou aos rapaces/as e profesores do centro. Xuntos realizaron unha camiñada dende o propio CPI ata as minas onde aproveitaron para visitar as instalacións e traballar con contidos relacionados coa enerxía, o medio natural, os metais e a siderurxía. 

É esta unha iniciativa dos departamentos de Tecnoloxía, Educación Física e Bioloxía.

MATIJUEGOS- 2ºA

   

 

EXPERIMENTAMOS: CAIXA DOS SENTIDOS

Comezamos a aprender sobre o corpo humano, e para iso realizamos o primeiro de moitos experimentos que nos esperan ao longo do curso. 

(Recordade que para ver as fotos tedes que premer onde pon ler máis)

CURSO ESCOLAR 2016-17

 

INICIO DO CURSO ESCOLAR:

ED. INFANTIL E ED. PRIMARIA: 12 DE SETEMBRO

ED. SECUNDARIA OBRIGATORIA: 15 DE SETEMBRO

 

O HORARIO DAS CLASES O MES DE SETEMBRO:

- EN INFANTIL E PRIMARIA SERÁ DE 9:45 H. A 13:45 H.

- EN ESO SERÁ DE 9:45 H. A 14:45 H.

- HORARIO DE COMEDOR:

- EN INFANTIL E PRIMARIA SERÁ DE 13:45 H. A 14:30 H.

Distribuir contido