[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

ACTIVIDADE DE ZUMBA_ CONCELLO DE LOUSAME

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES_CONCELLO DE LOUSAME

 

 

Listaxe definitivo Fondo Solidario de libros de texto e axuda para material escolar para o curso 2021/22.

Están publicadas as listaxes  definitivas de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Secundaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 15:30 h.

A entrega do vale de material entregarase a partir do 15 de setembro.

INICIO DO CURSO ESCOLAR PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

O mércores, 15 de setembro, iníciase o curso 2021/22 na etapa de ESO. O alumnado que fai uso do servizo de transporte esperará na zona correspondente do patio cuberto baixo a vixiancia de profesorado de garda. O alumnado achegado ao centro polas súas familias entrará polo portal peonil e dirixirase tamén ao patio cuberto. As familias non poderán acompañar ao alumnado dentro do recinto escolar.

 

Listaxe provisional Fondo Solidario de libros de texto e axudas para o material escolar curso 2021/22.

Están publicadas as listaxes provisionai de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Secundaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 15:30 h.

A entrega do vale de material entregarase a partir do 15 de setembro.

HORARIO DO CENTRO CURSO 2021-22

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade anulou as modificacións autorizadas o curso pasado  pola Xefatura Territorial por mor da crise sanitaria. Polo tanto,  neste curso escolar 2021/22 os martes pola tarde a hora de saída do transporte escolar será ás 17:20 horas tras o remate das clases do alumnado de ESO.

INICIO DO CURSO ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

O xoves 9 de setembro dá comezo o curso escolar 2021-22.

Ese día, incorporarase o alumnado de: 4º, 5º e 6º de Educación Infantil( no caso de 4º de Educación Infantil terase en conta o  horario establecido pola titora atendendo ao período de adaptación) e o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. 

Durante todo o curso escolar as entradas e saídas do alumnado realizaranse do seguinte xeito:

 O alumnado transportado de Ed. Infantil accederá ao centro acompañado do profesorado de garda.

O alumnado de Ed. Infantil achegado polas familias, accederá ao centro polo portal peonil. Un dos proxenitores ou unha persoa maior de idade autorizada polos mesmos acompañará ao alumno/a polo exterior do centro, a carón do patio de infantil, ata a entrada do edificio que alberga as aulas desta etapa educativa.

O alumnado transportado de Ed. Primaria accederá ao centro, nada máis baixar do autobús, pola portal principal do patio de Primaria.

alumnado de Ed. Primaria achegado polas familias, accederá polo portal peonil  e entrará pola porta principal do patio de Primaria.

As familias do alumnado de Ed. Primaria, á hora da entrada, non poderán acceder ao recinto escolar.

As familias, polo tanto, non poden acceder ao centro agás que acompañen a alumnado de Infantil, e neste caso será un só acompañante, sexa requerida a súa presenza polo titor/a, Dirección,  Orientación ou precisen realizar algún trámite administrativo para o que esperarán a que  non haxa alumnado nos patios para acceder ao interior do centro e dar cumprimento así ao establecido no protocolo da Consellería de Educación e Sanidade.

O primeiro día de clases, 9 de setembro, e como medida excepcional, dado o cambio de etapa, o alumnado de 1º de Primaria, entrará ás 09:30h empregando o portal peonil acompañados dun membro da súa familia e accedendo ao interior do centro pola porta principal de Primaria. Haberá profesorado que o acompañe ata a súa aula.

 No caso de vir no transporte, será acompañado polo profesorado ata a súa aula nada máis baixar do autobús.

Haberá profesorado distribuído polos accesos para axudar e dirixir ao alumnado.

Todo o alumnado, tanto o transportado como o achegado polas familias, deberá traer posta a máscara. Ademais, tal e como establece o protocolo da Consellería de Educación e Sanidade, deberán traer un estoxo, etiquetado co seu nome, e cunha máscara de reposto. Teñan en conta  que no caso de que as máscaras sexan cirúrxicas deben traer unha a maiores para cambiala ás catro horas.

O primeiro día o alumnado de Ed. Primaria tan só debe traer unha mochila cunha libreta e un estoxo cun bolígrafo, lapis, goma e afialapis. Non deben traer ningún libro. Será o/a titor/a quen lles indicará cal deben ir achegando co transcurso dos días. 

O alumnado utilizará a mesma porta de saída que de entrada ao centro. 

O alumnado que non vai a facer uso do servizo de transporte poderá ser recollido no centro nos seguintes horarios: 

14:10 horas: se o alumnado non vai facer uso do servizo de comedor. As familias esperarán diante da porta de Infantil ou de Primaria, segundo sexa o caso, para recoller aos seus fillos/as. Será a conserxe ou o profesorado quen vaia entregado os nenos/as.

15:00 horas: tras facer uso do servizo de comedor. As familias, tanto de Infantil como de Primaria, accederán ao patio e esperarán diante da porta de Primaria e será a conserxe ou colaborador de comedor  quen fará entrega deste alumnado aos pais.

15:40 horas: hora de saída dos autobuses. Neste caso, as familias, tanto  do alumnado de Infantil como de Primaria, deberán esperar aos nenos/as no portal principal, sen entrar ao recinto escolar. Estes serán entregados por un profesor/a de garda.

Listaxe definitivo do fondo solidario de libros de texto e axudas para material para o curso 2021/22.

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Primaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 801 en horario de mañá de 9:00 h á 14:00 h.

A entrega do vale de material entregarase a partir do 5 de setembro.

Distribuir contido