[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44

O ENTROIDO DOS ARTISTAS

     O entroido chegou ao noso cole!!

               O 5 de febreiro celebramos o festival de entroido, un entroido cheo de artistas! cadros, pinceis, bailes, reproducións cinematográficas,... auténticas obras maestras!

              Convídovos a pasar pola nosa galería de imaxes, recordaredes con moita ilusión aquel día tan emocionante!!

 

PREMEDE NA IMAXE PARA VIAXAR Á "GALERÍA DE ARTE"

 

 

 

 

 

 

 

 

         

Alberto González e Francisco Castro

Se queres ver como foi a visita deste xornalista e deste escritor, clica na imaxe e irás directamente á información.Risa

SEMANA DA PRENSA

Clicade na imaxe e poderedes acceder a toda a información relacionada coa Semana da Prensa.

DRAGAL E ELENA GALLEGO

 
O noso centro participa este ano no Proxecto Dragal. Os alumnos de terceiro leron o libro Dragal I. A herdanza do dragón na primeira avaliación e neste trimestre comezaron a realizar  as actividades deste proxecto. Unha delas é un encontro coa escritora do libro, Elena Gallego e tivemos a sorte de que nos visitou o luns 29 de febreiro pola tarde.
 
Elena fixo unha amena exposición sobre a elaboración da novela e os temas que esta  trata. Os alumnos estiveron moi atentos, amosaron moito interese, fixeron preguntas e logo sacaron fotos con ela. Alumnos, profesorado asistente  e escritora pasamos unha hora e media moi entretida. 
Velaí as fotografías:
 

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2016-2017

Rematado o prazo de asignación de prazas, no arquivo adxunto poden ver as vacantes para o vindeiro curso 2016-2017.

Visita á exposición de cartaces de Xosé Vizoso, na casa da cultura de Lousame.

O alumnado de secundaria visitou a exposición de cartaces de Xosé Vizoso, na casa da cultura de Lousame.

Premede eiquí para ver as fotos na galería.

25 de novembro, marcha a prol da eliminación da violencia de xénero

Premede eiquí para ver as fotos. 

Queremos lembrar que esta actividade foi realizada polo Concello de Lousame e  a nosa escola.

ENTROIDO 2016

 

De pintora, diso disfrazamos a nosa meca este curso 2015/2016. Quixemos con isto colaborar coa Biblioteca e co PDI (Proxecto documental integrado) e tentamos, na medida do posible, seguir o tema relacionado desta vez co mundo artístico, de aí o título: "Defíneme ARTISTA".

Como é tradición, convidamos a toda a comunidade educativa a ir traendo cada día da semana os accesorios que a nosa particular pintora nos vai indicando. Recordade, iso si, que os accesorios son acumulativos.

Esperamos que non vos sexa moi complicado e tede en conta que o martes hai dúas coplas, xa que os pequechos de Infantil poden mancarse cos "grandes pendentes", de aí que para eles escolleramos outro accesorio para ir ao circo.

 

 

O luns para comezar,

de pallaso ven traballar.

 

 

Este martes de circenses,    

nas orellas, uns grandes pendentes.


Imos ao circo o martes, 

ven cun lazo e non faltes.

 

 

O mércores para triunfar,

de mago te vas presentar.

 

 

O xoves remata a semana,

ven de mimo coa cara pintada.

Distribuir contido