CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca  prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2017.

·        Están destinadas ao alumnado que curse 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de febreiro e remata o día 27 de marzo.

PRAZAS VACANTES.CURSO 2017_18

                                                                    
4ºED.INFANTIL                         25(3 reservadas a NEE)
5º ED.INFANTIL 10
6º ED. INFANTIL 4
1º ED. PRIMARIA 27(6 reservadas a  NEE)
2º ED. PRIMARIA 21
3º ED. PRIMARIA 19
4º ED. PRIMARIA 20
5º ED. RIMARIA 18
6º ED. PRIMARIA 12
1º ESO 38(6reservadas a  NEE)
2º ESO 22
3º ESO 24
4º ESO 28

CÓNTAME UN CONTO

O alumnado de 3º de ESO levou a cabo unha actividade de lectura de libros cos alumnos de Infantil de 4 anos da profe Begoña. Escolleron uns libros moi divertidos da Biblioteca (pop-ups) e fixeron unha lectura dramatizada que gustou moito ós pequeniños. 

 

Aquí quedan as fotos desta fermosa actividade na que os maiores aplicaron os seus coñecementos de Voluntariado, traballados nas materias de Valores Éticos e Relixión.

ESTANCIA EN CANADÁ DA PROFESORA MARTA CORIA

A nosa compañeira Marta Coria profesora de Xeografía e Historia nas seccións bilingües realizou unha estancia formativa en Canadá no primeiro trimestre do curso. Esta actividade enmárcase dentro do programa PIALE (programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras) da Xunta de Galicia. 

 

NADAL 2016

Xa podedes ver as fotos que fixemos antes das vacacións de Nadal na galería. Aparecen as presentadoras do "festival", o espectáculo do mago "DEIMI", as panxoliñas, os Reis Magos e Papá Noel...ninguén se quixo perder a festa de despedida organizada polo equipo directivo. Grazas a tod@s pola vosa colaboración para que todo fose moi divertido.

 

OS REIS MAGOS VISITAN O CENTRO

Este ano os Reis Magos de Oriente, anxos, paxes e Xosé e María visitaron o centro e agasallaron @s alumn@s con caramelos e doces varios...Na galería podedes ver moitas fotos...

CONCURSO POSTAIS NADAL

O mes de decembro decoramos tamén o centro con postais que fixeron @s nen@s de tódolos niveis educativos xa que fixemos un concurso. Nas fotos da galería podedes ver o bonitas que quedaron.

Queremos mulleres con corazóns cheos de vida: NON á violencia de xénero

Desta volta acabamos de realizar unha serie de actividades, nas que participou todo o alumnado do noso CPI, para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Trátase dunha proposta coa que quixemos unirnos á campaña de ONU MULLERES “Pinta o teu mundo de laranxa- Deixa a túa pegada”.

Distribuir contido