O día 25 de xuño comeza o prazo de presentación de solicitudes para a admisión a ciclos formativos do curso 2018/2019. No documento adxunto pódese consultar o calendario completo do proceso de admisión e no seguinte enlace toda a información relativa a ciclos: http://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2018-2019
|
|||
O alumnado de 1º de ESO ven de gozar da visita á Fundación Manolo Paz, fundación dedicada á obra do escultor cambadés na que tamén se atopa o taller do artista. http://www.fundacionmanolopaz.gal/
A visita, organizada polo departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual está enmarcada dentro do programa educativo EDUMOTIVACON da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. |
|||
A Consellería de Educación publicou as listaxes definitivas de admitidos, ordenados por puntuación, para as actividades de formación en linguas estranxeiras.
Poden consultarse no taboleiro do centro e no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/axudasle/
|
|||
Esta semana saberemos os nomes dos gañadores do concurso de fotografía. Mentres, ide mirando as instantáneas coas que participastes
|
|||
Os alumnos e alumnas do club de lectura de 3º e 4º de primaria festexaron o día das nosas letras escollendo a palabra que máis lle gusta a cada un. Logo fixeron este mural:
|
|||
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a Orde de 9 de maio de 2018 (DOG 95, de 21/5/2018), convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar e regula a participación no fondo solidario de libros do alumnado de centros sostidos con fondos públicos, matriculado en EP, ESO e EE. · Tipos de axuda e destinatarios. - Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e todos os cursos de ESO. - Axudas para libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, Educación Especial e con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). - Material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e E. Especial. · Requisitos. - Ser pai/nai/titor legal dun alumno matriculado nun centro sostido con fondos públicos. - Renda per cápita igual ou inferior a 9000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda: o Os datos son os do exercicio fiscal de 2016. o Sumaranse os recadros 392 e 405 de cada un dos membros da familia con ingresos e dividirase o resultado da suma polo número de membros da unidade familiar a 31/12/16. o No caso de non prestar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. · Presentación de solicitudes. - Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. - Poden optar polas seguintes formas de presentación: a) No centro, en soporte papel, ata o 22 de xuño de 2017 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO, que terán un mes de prazo desde a matrícula.Virán debidamente asinadas e coa documentación requirida; se se cubriu na propia aplicación Fondolibros, imprimirase e entregarase cuberta co número que lle foi asignado para que o centro a poida recuperar. b) Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, que enviará un aviso ao correo electrónico do centro. · Documentación que se debe achegar. - Anexo II, que acompaña á solicitude, para a comprobación de datos de membros computables. - Copia do libro de familia ou documento que acredite número de membros computables a 31 de decembro de 2016 (sentenza de divorcio ou separación, certificado de convivencia, …). - Certificado acreditativo do grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar e/ou acreditación de violencia de xénero, de ser caso. - Acreditación de violencia de xénero, se fose preciso. - De non autorizar a consulta telemática, á documentación anterior debe engadirse o DNI dos membros computables da unidade familiar e a declaración da renda do exercicio 2016 e o resto da documentación xustificativa. |
|||
No arquivo adxunto figura a listaxe definitiva do alumnado para o vindeiro curso escolar 2018/19. Do 20 ao 30 de xuño este alumnado deberá formalizar a matrícula. |
|||
E seguimos con actividades do Mes do Libro. Hoxe, una selección de alumnos de 5º e 6º de primaria e todos os de 4º da ESO tiveron a oportunidade de coñecer á poeta Dores Tembrás e achegarse con ela ao labor da poesía. Moitas grazas, Dores, por vires ao noso colexio e aprendernos tantas cousas fermosas.
|
|||||||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »