A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de dar instrucións aos centros para que se leve a cabo de inmediato a votación do sector das nais, pais ou titores legais do alumnado en relación ao cambio de xornada para o vindeiro curso escolar. A causa da precipitación neste proceso débese a que o 1 de febreiro terá lugar a Información Pública do novo Plan de Transporte Público de Galicia 2019, vinculado ao transporte escolar do centro a través das rutas integradas. Este feito implica que durante esta semana teña que levarse a cabo a votación por parte das familias para saber cal vai a ser o horario do centro a partir do curso que vén, e poder así incluílo o día 1 de febreiro nos proxectos de explotación dos novos contratos aos que optan as diferentes empresas de transporte. Estes novos contratos terán unha vixencia de 10 anos, prorrogables a cinco anos máis, o que implica que o resultado desta votación marcará o horario do centro durante un período que oscila entre 10 e 15 anos, non podendo ser modificado baixo ningún concepto no transcurso deses anos. O sorteo dos membros da mesa será o martes 22 de xaneiro, ás 12:30 h. O día da votación: o xoves 24 de xaneiro, de 8:30 h. a 21:00h.
Nos arquivos adxuntos dispoñen do horario proposto totalmente detallado e dun documento con toda a información relativa a esta proposta de cambio de xornada.
|
|||
Alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron na DOMUS a un obradoiro de biotecnoloxía no cal apredenderon a aillar o ADN. Logo visitaron este museo interactivo. Amosamos unhas fotos.
|
|||||||||
O alumnado de 3º da ESO realizou unha excursión a Santiago para ver o MUPEGA. Deixámosvos aquí unhas imaxes da súa visita.
|
|||
E por fin chega decembro... ¡cargadiño de novidades! Achégate á Biblioteca e desfruta lendo as últimas adquisicións. E se non podes esperar ata o luns para ver que imos presentar... ¡bótalle un vistazo ao vídeo adxunto! (¡Grazas, axudantes! ) |
|||
Esta semana, o 4º da ESO visitou o CGAC e a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
No archivo adxunto vexa un vídeo coas fotos.
|
|||
O pasado 14 de novembro celebramos no Cernadas un Magosto moi divertido; comemos castañas e xogamos a xogos populares. |
|||
Fai click aquí para poder ver o vídeo de presentación da exposición de libros de terror que acolleremos proximamente na Biblioteca. |
|||
O pasado mes de setembro, o alumnado da ESO visitou a exposición "Paisaxes e Personaxes" na Casa da Cultura de Lousame.
Preme no adxunto para ver mais fotos |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »