Comezamos o tempo do Entroido así que vos deixamos as ordes do Meco: |
|||
Adxuntamos as listas provisionais de admitidos e excluídos do Fondo Solidario de libros de texto para o curso escolar 2019/20. As reclamacións ás listaxes provisionais poderanse realizar ata o 16 de xullo. As listaxes definitivas de ESO serán o 13 de setembro. |
|||
CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE COA RECOLLIDA DE PLÁSTICOS NO BOSQUE QUE RODEA Á ESCOLA. GRAZAS A TODAS/OS POR PARTICIPAR CON ENTUSIASMO E SEN QUEIXAS!! UNHA AXUDA MÁIS PARA O NOSO PLANETA
O GAÑADOR DO CONCURSO "CARTA Á TERRA" FOI LUCAS ARESTIÑO, DE 1º ESO A. VELAQUÍ SÚA CARTA. |
|||||||||||
Onte 1º ESO A , co departamento de Bioloxía e Xeoloxía, recolectou os produtos do horto. Así de ben traballamos. Os nosos parabéns, mozas e mozos!!!
|
|||
A lousamiá foi a mellor da súa promoción e acadou o premio de fin de carreira a nivel autonómico e nacional O mundo está cheo de tópicos. Que se non medraches nunha cidade nunca chegarás a ser alguén nos estudos. Que se fuches pola rama de letras nunca destacarás academicamente. Afortunadamente, tamén hai casos que derruban tales falacias nas súas dúas primeiras liñas de currículo. A profesora de galego Sara Filgueira Lorenzo (Ces, Lousame, 1993) é o exemplo perfecto. Con tan só 26 anos, xa conta cunha praza despois de aprobar as oposicións á primeira. E por se fose pouco, a lousamiá foi a primeira da súa promoción, pero os seus méritos foron máis alá dos corredores da facultade onde destacou. A filóloga tamén foi merecedora do galardón que entrega a Xunta aos mellores estudantes graduados de cada ano na súa titulación. Mais, lonxe de restarlle importancia a este recoñecemento, Sara Filgueira pode presumir de ser a gañadora do Premio Nacional de Fin de Carrera, no apartado de Humanidades. Ou o que vén sendo o mesmo, logrou que o Ministerio de Educación do Goberno de España distinguise a unha titulada en Filoloxía galega. Un exemplo de valor incalculable para a lingua que de seguro acabará por deixar semente. Os comezos O certo é que Filgueira non é quen de lembrar o momento exacto no que a vocación pola ensinanza espertou nela. Sen embargo, houbo certas pistas naquela nena que xogaba a impartir clase ante unha audiencia conformada por bonecos, unha cativa que logo medrou para converterse na rapaza á que se sentía ben ensinando e lle «gustaba axudar aos compañeiros resolvendo dúbidas». A cada mestre que lle marcaba e se gañaba o seu respecto como referente, dende os primeiros anos no CPI Cernadas de Castro ata a súa etapa de bacharelato no instituto noiés Virxe do Mar, íase atallando o camiño que a levou a ingresar na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). «O idioma para min é algo importante, forma parte da miña esencia e identidade», explicou a docente sobre o que a levou á súa actual profesión, aínda que había outro motivo fundamental: «Fixen o que tiña ganas de facer». A importancia desta última afirmación radica na serie de frases que a acompañaron a ela e á súa familia cando tomou aquela decisión. «Ai, pobriña, é unha pena, non lle deu a nota para outra cousa?» ou «pois non ten moita saída, non?» foron algunhas das reaccións de persoas ás que lles resultaba estraño a elección daquela estudante de boas cualificacións, e das que agora Sara pode lembrar sorrindo e sinalando o importante que foi contar co apoio da súa familia en todo momento, para decidir a onde se encamiñarían os pasos da súa vida.
|
|||
O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu á saída didáctica organizada polos departamentos de Ed. Plástica e de Relixión: visita á EXPOSICIÓN DE LEONARDO DA VINCI E PÓRTICO DA GLORIA en Santiago de Compostela. |
|||
Nos ficheiros adxuntos podedes consultar o oficio de remisión e listaxes correspondentes as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.
Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle). |
|||
Ola amigas e amigos do Cernadas de Castro! Temos unha boa nova! Braulio Bolechas achegouse ao noso cole para gravar o seu programa Braulio Tuber! Para iso elixiu aos nenos e nenas de 1º de Primaria, que lle ensinaron mooooitas cousas sobre a Revolución Industrial. As pequenas e pequenos parece que naceran cunha cámara diante do ben que se desenvolven e co simpáticos que están! Non volo perdades, picade no enlace de aquí abaixo e aproveitade para coñecer como foi a Revolución Industrial! http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/braulio-tuber-ii-24-4072338?t=11
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »