AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA O CURSO 2020/2021
A Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional mediante a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21
|
|||
Estimadas familias: A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de establecer as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19. A que persoas vai dirixido? Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola Consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro. En que consiste a axuda? O prezo máximo das axudas é de 2,50 €/día no casos de usuarios de gratuidade total e de 1,50 €/día nos casos dos que teñen a obriga de satisfacer un euro pola prestación do servizo. Compensaranse os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020. Como se vai aboar a axuda ás familias? En dous pagamentos. 1º pagamento: referido ao período de marzo e de abril ata Semana Santa (3 de abril) 2º pagamento: no caso de prorrogarse unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.
Como presentar a solicitude?
As solicitudes terán que ser presentadas por medios electrónicos. Para iso, poderán facelo de dúas maneiras: 1.Poderán presentalo as familias a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , para o cal deberán de dispoñer de certificado dixital ou Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365) ou 2. Escribir un correo electrónico ao enderezo cpi.cernadas.castro@edu.xunta.es indicando: Nome da nai ou do pai DNI ou NIE da nai ou do pai Nome do alumno ou alumna Número da conta bancaria (no que desexa que lle fagan o ingreso)
No Asunto da mensaxe deberán poñer Axudas comedor. A dirección do centro encargarase de tramitar as solicitudes cos datos que figuren neses correos. Prazo para solicitala? O prazo para solicitar estas axudas é dunha semana, dende mañá martes 31 de marzo ata e o 6 de abril, ambos os dous incluídos. Publicítase a resolución das familias beneficiadas? NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, de conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional non exixirá publicar na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. As familias saberán se a súa solicitude foi admitida cando lle sexa aboada a axuda na súa conta bancaria. Canto tempo tarda en resolverse a resolución? 10 días dende que remate o prazo de presentación de solicitudes. Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en realizar o aboamento? 5 días dende que saía a resolución.
A dirección do CPI Plurlingüe Cernadas de Castro
|
|||
Antía Mayo: «Sueño con llegar lo más lejos posible» La «crack», que milita en Victoria y en el Portus Apostoli, ya ha sido llamada por dos selecciones gallegas. Con este titular na Voz de Galicia sobre unha das nosas alumnas de 1º ESO iniciamos a xornada. De parte de toda a comunidade educativa, parabéns Antía polos teus logros, pola túa constancia e polo teu esforzo! Desexámosche que podas chegar ben lonxe na túa maior paixón, o fútbol, sen esquecer o teus estudos. Preme aquí para ver a totalidade da noticia.
|
|||
Nos vindeiros días puideran producirse alteracións na páxina debido a un proceso de modificacións na organización dos contidos. Desculpas polas molestias. |
|||
Milu, GRAZAS ploa túa xenerosidade, GRAZAS polo teu cariño, GRAZAS polo teu sorriso, GRAZAS pola túa simpatía, GRAZAS polo teu traballo, GRAZAS polo tempo compartido. ATA SEMPRE querida amiga!
|
|||
Nos documentos adxuntos poderedes consultar a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto para o curso 2019/20 de Educación Secundaria.
|
|||
Publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso 2019/20. |
|||
A partir deste curso escolar o horario do centro é o que segue: Hora de entrada: ás 9:10 horas Hora de saída: ás 15: 40 horas, agás os martes que será ás 17:20 horas. As rutas de transporte seguen sendo as mesmas polo que a súa duración tamén, iso significa que o alumnado empregará o mesmo tempo que viña empregando para chegar ao centro ou ao seu domicilio.Tan só deben ter en conta a nova hora de entrada e de saídas á hora de levar ou recoller na parada aos seus fillos e fillas. O Concello oferta o Servizo de Concilia en horario de mañá ( de 7:45 a 9:00) e nas tardes do luns, mércores e xoves ( de 15:40 a 17:00). De facer uso do servizo de tarde, o alumnado terá que ser recollido no centro pola súa familia. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »