AMPLIADO ESTADO DE ALARMA

O Goberno de España prorroga o estado de alarma  durante outros 15 días, ata o 12 de abril.

MÉTODO DE ENSINO - APRENDIZAXE PARA O ALUMNADO DURANTE ESTES 14 DÍAS

Tras a suspensión das clases presenciais durante estes 14 días o profesorado continuará, pero de xeito diferente, co seu  labor docente. Cada un deles  optará por aquel método online que lle resulte máis apropiado para seguir traballando a súa materia tendo en conta, á súa vez, a etapa educativa do seu alumnado.

Para isto, creáronse tres blogs ou bitácoras ás que poderán acceder a través do  menú “Traballa na casa”, situado no lado esquerdo da páxina. Cada bitácora responde a cada unha das etapas educativas diferentes: Infantil, Primaria e Secundaria, e dentro de cada unha delas van ir atopando o material para cada grupo e  materia, así como todas aquelas consideracións que o profesorado estime pertinentes co obxecto de orientar ás familias e  guiar o proceso de ensino-aprendizaxe do seu alumnado.

O alumnado deberá realizar as tarefas encomendadas e seguir as indicacións do   profesorado  á hora de remitirllas para  poder levar a cabo a corrección das mesmas.

Dende esta mesma mañá luns, 16 de marzo, e de xeito gradual ao longo destes 14 días, terán acceso aos distintos contidos.

Estamos ante unha situación excepcional e nova para todos nós: alumnado, familias e profesorado. Para que o proceso de ensino – aprendizaxe teña unha continuidade precísase  o compromiso de todos e todas. É importante que o alumnado se marque un horario diariamente e teña unha actitude de esforzo e  responsabilidade cara o estudo seguindo as indicacións do seu profesorado que estará, en todo momento, pendente da evolución deste proceso. Así mesmo, estes días as familias teñen un papel de gran implicación na orientación e supervisión do estudo dos seus fillos e fillas.

Mensaxe de ánimos do Ministerio de Sanidade para os/as nenos/as.

Temos que continuar, que os anciáns sigan conscientes de que teñen 
que protexerse, que os cativos conteñan toda a enerxía que teñen. Familia (home, rapaza, nena) Os nenos están moi ben, eu axudo aos
teus pais, xa sabes que facer.

Clica na imaxe para acceder ao vídeo.



Fonte:
TwitterMinisterio de Sanidade. (@sanidadgob)

ADIADO O PRAZO DE ADMISIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS

Atendendo ao Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 interrúmpense os plazos para solicitar a admisión do alumnado en calquera centro educativo.

O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente Real Decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

SUSPENSIÓN DE CLASES COMO MEDIDA PREVENTIVA ANTE O AVANCE DO CORONAVIRUS

O Presidente da Xunta de Galicia, Don Alberto Núñez Feijoo, vén de comparecer en público a última hora de mañá ante os medios de comunicación, para dar, entre outras, a instrución de suspender as clases e todas as saídas e actividades extraescolares durante 14 días, a partir do luns 16 de marzo, como medida preventiva frente ao avance do Coronavirus -19.

Solicita tamén, ás familias, que na medida que lles sexa posible, non envíen aos seus fillos e fillas aos centros educativos no día de mañá, venres 13 de marzo.

Durante todo este período trataremos de telos informados, na medida que nos sexa posible.

ENTROIDO 2020

 O venres 21 de febrero, xuntamente con unha multitude de Seres Máxicos, celebramos o Entroido no Cernadas e pasámolo moi ben!

 

Mais fotos nos archivos:

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020.

A Consellería de Educación, Universitaria e Formación Profesional convoca  prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2020.

Están destinadas ao alumnado que curse 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 27 de febreiro e remata o día 26 de marzo (ambos inclusive).

  Os alumnos deben cumprir os seguintes requisitos:

 a) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2019/2020.

 b) Ter acadado no curso 2018/2019 e na área ou materia de Lingua Inglesa, unha cualificación mínima de «Ben» ou 6.

 c) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

 d) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 e) Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI), número de identidade de estranxeiro (NIE) ou pasaporte, excepto o alumnado menor de 14 anos. 

 

DESFILE DE ENTROIDO

O vindeiro vernes día 21, a partir das 11h, celebraremos o noso tradicional desfile de Entroido. Estades todos convidados a ver como unha multitude de Seres Máxicos nos visitan.

 

Distribuir contido