CONCILIA VERÁN 2023

ENKI DEPORTE ADAPTADO

O venres 19 de maio estiveron no noso centro membros e deportistas da asociación ENKI dependente da asociación ABRENTE, para falarnos de Deporte adaptado e amosarlles a súas experiencias aos nosos alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Prazo aberto para a solicitude de axudas para o Fondo solidario de libros de texto e material escolar 2023-24.

LISTAS DEFINITIVAS ADMISIÓN. CURSO 2023_24

O alumnado que solicitou praza durante o período de admisión para o vindeiro curso escolar 2023_24 foi admitivo de xeito definitivo. O período para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2023.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023_24

Todo o alumnado que solicitou praza, en prazo, para o vindeiro curso escolar 2023_24 foi admitido. A matrícula deberá formalizarse entre o 20 e o 30 de xuño de 2023.

Saída de ed infantil (3 e 4 anos) e 1° e 2° de Ed. Primaria a Santiago

Visita a Santiago dos rapaces e rapazas do primeiro ciclo de primaria que fixeron o último tramo do Camiño francés, dende o Monte do Gozo ata a Catedral a que se sumaron os alumnos e alumnas de educacion infantil de 3 e 4 anos dende a rúa de Concheiros ata a Catedral.

Foi unha xornada fabulosa onde os alumnos  e alumnas de infantil e primaria  participaron dunha actividade que favorece a convivencia, onde os mais maiores titorizaban aos mais pequenos. Unha experiencia para repetir.

 

 

BECAS E AXUDAS

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDAR: aberto o prazo de solicitudes de becas para estudos de niveis postobrigatorios,  do  27/03/2023 ata o 17/05/2023

 

Neste enlace podedes acceder á páxina de información sobre becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, segundo os diferentes tipos e niveis de ensinanzas.

 

Accede ao TABOLEIRO DE ORIENTACIÓN para máis información.

XXVIII CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA

Distribuir contido