Moitas grazas polos vosos poemas. Seleccionamos estes que podedes ler-ver aquí: |
|||||||||
O alumnado de 2ºESO impartiu unhas sesións sobre a Idade Media nos dous grupos de 5º de Primaria. Os expertos, organizados por grupos, explicaron as distintas etapas medievais dende o punto de vista histórico e artístico. O alumnado de 5ºA e 5ºB de primaria acolleu estas sesións con moito entusiasmo, amosando gran curiosidade pola Idade Media, facendo numerosas preguntas aos relatores. |
|||
O pasado día 21 de abril Samuel Mountoumnjou, profesor camerunés e mediador intercultural, fixo de contacontos para todo o alumnado do centro. Podedes ver as fotos que tomamos para mostrar o ben que o pasaron cunha participación moi entusiasta e activa.
|
|||
Co gallo da celebración do "día do libro" o alumnado de Infantil e Primaria adicaron o seu tempo de lecer a revisar os libros que están na Biblioteca nun sitio diferente: no exterior da Biblioteca e no patio cuberto. Preme en "ler máis" para ver todas as fotografías da actividade.
|
|||
Na web http://www.edu.xunta.es/axudasle xa poden consultarse as listaxes de solicitudes admitidas, excluídas e necesitadas de emenda. Tamén poden verse no taboleiro principal do centro. O prazo para a presentación de reclamacións ou renuncias e emenda de erros ou falta de documentación é de 10 días naturais. |
|||
A Biblioteca e o Departamento de Lingua e Literatura Galega organizaron unha saída para todo o alumnado da ESO. @s alumn@s asistiron á representación de Cousas a cargo do grupo de teatro Os Quinquilláns. Na aula leron o libro de Castelao no que está baseada a representación.
|
|||
O pasado mércores 5 de abril o alumnado de 1ºESO desfrutou dunha fabulosa e soleada xornada coñecendo distintos punto de interese da península do Barbanza. Comezamos a visita en Corrubedo, no CIELGA (Centro de Recepción de Visitantes e de Interpretación do Ecosistema do Litoral de Galicia). Despois dun vídeo informativo sobre o complexo dunar e as lagoas de Carregal e Vixán, percorrimos acompañados polo guía polas pasarelas para aprender moitas cousas do complexo dunar. A seguinte parada foi no magnífico dolmen de Axeitos, que nos serviu para repasar e afondar o que aprendimos na clase de Xeografía e Historia sobre o megalitismo. Por último, visitamos o Castro de Baroña e puidemos apreciar in situ as murallas, as vivendas e as distintas partes do castro que se atopa nun bo estado de conservación.
|
|||
A semana pasada tivemos na clase de Xeografía de 3º ESO e na titoría de 1ºA, unha visita moi especial: os antigos alumnos do noso centro Joel Romero e Alejandro Vigo. Estes rapaces e as súas familias emigraron a Alemania e Suíza respectivamente. Os alumnos e alumnas tiveron ocasión de preguntarlles todas aquelas cuestións que lles interesaba da súa experiencia vivindo noutros países europeos. Podes ver máis fotos e ler máis sobre este evento premendo en "ler máis".
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »