O noso centro participa este ano no Proxecto Dragal. Os alumnos de terceiro leron o libro Dragal I. A herdanza do dragón na primeira avaliación e neste trimestre comezaron a realizar as actividades deste proxecto. Unha delas é un encontro coa escritora do libro, Elena Gallego e tivemos a sorte de que nos visitou o luns 29 de febreiro pola tarde.
Elena fixo unha amena exposición sobre a elaboración da novela e os temas que esta trata. Os alumnos estiveron moi atentos, amosaron moito interese, fixeron preguntas e logo sacaron fotos con ela. Alumnos, profesorado asistente e escritora pasamos unha hora e media moi entretida.
Velaí as fotografías:
|
|||||||
Rematado o prazo de asignación de prazas, no arquivo adxunto poden ver as vacantes para o vindeiro curso 2016-2017. |
|||
O alumnado de secundaria visitou a exposición de cartaces de Xosé Vizoso, na casa da cultura de Lousame. |
|||
Premede eiquí para ver as fotos. Queremos lembrar que esta actividade foi realizada polo Concello de Lousame e a nosa escola. |
|||
De pintora, diso disfrazamos a nosa meca este curso 2015/2016. Quixemos con isto colaborar coa Biblioteca e co PDI (Proxecto documental integrado) e tentamos, na medida do posible, seguir o tema relacionado desta vez co mundo artístico, de aí o título: "Defíneme ARTISTA". Como é tradición, convidamos a toda a comunidade educativa a ir traendo cada día da semana os accesorios que a nosa particular pintora nos vai indicando. Recordade, iso si, que os accesorios son acumulativos. Esperamos que non vos sexa moi complicado e tede en conta que o martes hai dúas coplas, xa que os pequechos de Infantil poden mancarse cos "grandes pendentes", de aí que para eles escolleramos outro accesorio para ir ao circo.
O luns para comezar, de pallaso ven traballar.
Este martes de circenses, nas orellas, uns grandes pendentes.
ven cun lazo e non faltes.
O mércores para triunfar, de mago te vas presentar.
O xoves remata a semana, ven de mimo coa cara pintada.
|
|||
Os alumnos e alumnas de Infantil C (aula de 5 anos) estiveron traballando durante o primeiro trimestre un proxecto sobre VAN GOGH, pero ademáis de coñecer moitas cousas sobre este artista e a súa obra, pensaron en ir máis aló e empregar todo o aprendido para axudar a quen máis o precisa. Foi así como cada un dos nenos e nenas da aula, representou nun cadro distintas obras representativas de VAN GOGH, e cando xa estaban todos rematados, pensaron en facer unha exposición e posterior venta aberta a todo o centro. O éxito da exposición foi tremendo e así conseguiron vender tódolos seus cadros. Cós cartos recaudados colaboraron coa asociación KIMOKAP-Galicia, unha asociación que pide a colaboración da xente con teas coas que confeccionan gorriños para os nenos e nenas que están pasando pola terrible enfermidade do cancro. O alumnado de Infantil C, solidarizado coa causa tan fermosa que apoian dende KIMOKAP, pensou en mercar distintas teas cós cartos recaudados a través da exposición de cadros, e así foi. Este Nadal xa se fixo o envío das teas para dita asociación, xunto cun debuxo propio de cada un dos nenos de Infantil C, os cales van a acompañar a cada gorriño que se confeccione coas teas mercadas. Grazas a todos os que participáchedes na compra dos cadros e parabéns a estes pequenos artistas e á súa profesora Rita pola súa implicación neste proxecto. Aquí vos deixamos unhas fotografías do traballo e dos seus autores:
|
||||||
Este venres 18 tivemos unha grata sorpresa, xa que a Escola Municipal de Música de Lousame deunos unha demostración das súas habilidades. Mentres eles tocaban unhas panxoliñas nós cantábamolas. |
|||
O pasado 9 de novembro celebramos no colexio un Magosto moi divertido; comemos castañas e xogamos a xogos populares. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »