Estudo da paisaxe.
Os alumnos/as de 3º da ESO elaboraron un estudo da paisaxe da contorna na que viven. Entendendo paisaxe como un concepto que integra realidades físicas e humanas, e que lles permite un coñecemento amplo da contorna. Partindo de imaxes tomadas polos propios alumnos/as fíxose o estudio da zona.
Do coñecemento da contorna obtivéronse as seguintes conclusións:
O bo de vivir en Lousame:
O medioambiente e a natureza
A tranquilidade, o silencio
O trato entre a xente
A cantidade de espazo dispoñible
Estar preto de outras vilas maiores
O malo de Lousame:
A carencia de servizos de todo tipo
As malas infraestructuras de comunicación e escaso mantemento
A falta de xente nova e a cantidade de xubilados
Os incendios
Ausencia de recollida selectiva de residuos
Falta de traballo
Xeografía da percepción.
Os alumnos de 1º ESO realizaron unha experiencia de xeografía da percepción creando o mapa da súa contorna. Comprobaron así como o espazo pode variar ou modificarse conforme a percepción que se ten del, que un mapa do mesmo sitio feito por diferentes persoas reflicte distintas realidades.
Algúns dos resultados:
CONTRATO PROGRAMA. LINGUA GALEGA 18/19
Durante o segundo trimestre deste curso e durante tres sesións do terceiro, @s alumn@s de 1º ESO estiveron traballando a poesía, actividade escollida para o Contrato Programa deste curso.
Unha das ferramentas que utilizamos foi o poemario de Berta Davila A pel do mundo, da editorial Galaxia.
Na aula fomos lendo e comentando o vocabulario, o contido e a forma na que estaban elaborados os textos deste poemario, ata que @s alumn@s se foron convertendo en auténticos creadores.
Amosamos máis imaxes do proceso:
Tivemos que buscar unha temática común para crear versos. Estabamos en marzo, queriamos celebrar o Día Mundial da Poesía e mais o Día dos Bosques, polo que o alumnado decidiu escribir textos líricos co bosque e os seus habitantes como protagonistas, e acompañar os textos con ilustracións:
Logo, propuxeron expoñer os seus traballos. Velaquí unhas imaxes:
Ademais da competencia en comunicación lingüística (CCL), desenvolvemos todas as outras, incluída a CMCT: gravamos un vídeo cos poemas elaborados polo alumnado.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Video Contrato Programa.mp4 | 464.98 MB |
Iniciándonos na química
O alumnado de 6º A foi ao laboratorio para traballar distintas propiedades da materia como: a densidade e o volume. Tamén traballaron as mezclas e a súa separación.
Reporteir@s moi curios@s
A nai dunha alumna visitounos para facerlle unha entrevista sobre o seu traballo. Aproveitando que estabamos traballando o tema das enerxías renovables, puidemos facerlle un gran número de preguntas sobre a enerxía eólica, da que é gran coñecedora.
RECICLAMOS PAPEL
Aproveitando que o alumnado de 3ºB estaba estudando as diferentes propiedades dos materiais, decidimos investigar acerca da elaboración do papel e da súa reciclaxe.
Como a mellor forma de aprender é experimentando, decidimos reciclar nós memos o papel que tíñamos na clase para reciclar. Foi unha experiencia moi lúdica e súper divertida.
Este foi o resultado...
A MIÑA HISTORIA PERSOAL
En 3ºB traballamos sobre a nosa historia persoal facendo unha liña do tempo.
Para elo fomos sinalando as datas importantes dende que nacemos e representámolas con debuxos, fotografías...
Finalmente expuxémolas diante dos nosos compañeiros.
Taller de elaboración de iogures
Enviado por ana.balsa o Mar, 07/05/2019 - 13:18Durante o segundo trimestre, o alumnado de 4° e 6° de infantil traballou a vaca. Entre outras actividades para achegarmos ao coñecemento dos produtos lácteos fixemos iogures. Para mostra, tedes na foto un equipo de cociñeiros de 4° de infantil.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
B66F8766-06C6-481A-A131-F13C8043BA79.jpeg | 424.23 KB |
45E7C2C2-8932-490C-8EDD-081B22AD40BE.jpeg | 420.49 KB |
Sementamos, coidamos e transplantamos
Enviado por ana.balsa o Mar, 07/05/2019 - 13:15Durante este curso o alumnado de infantil está involucrado nun proxecto de horto escolar. No caso do alumnado de 3 anos, fomos os encargados de sementar e coidar os tomates cherries. Primeiro plantámolos, logo coidámolos e recentemente transplantámolos, levando cada neno e nena o seu tomate para a casa.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
B793B999-6B71-4EE9-ADA1-B7B43B158A50.jpeg | 900.72 KB |
Reducir, reciclar e reutilizar
Enviado por ana.balsa o Xov, 02/05/2019 - 11:31O alumnado de 4° de eso coa axuda de Lucía impartiu durante este mes de abril un obradoiro de reciclaxe ao alumnado de infantil. Os nenos e nenas explicáronlle a importancia das tres “R”, onde se tira cada tipo de residuo e tamén sobre a importancia de coidar o planeta. Aprenderon moitísimo!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »