Creamos vídeos educativos
O alumnado en pequeno grupo, organizouse e elaboraron un vídeo educativo para os seus compañeiros. Tiveron que buscar, resumir, estruturar, organizar... información para poder conseguir un resultado que agradase a todos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Aparato circulatorio.MP4 | 58.89 MB |
Aparato respiratorio.MP4 | 115.53 MB |
Aparato dixestivo.MP4 | 83.32 MB |
video aparato excretor.mp4 | 26.35 MB |
II Olimpiada matemática
Volvemos celebrar a Olimpiada Matemática. Nela, ao igual que o curso anterior, o alumnado enfrontábanse por equipos, en distintas estacións, desenvolvendo diferentes problemas e xogos matemáticos para os que tiñan que poñer en práctica os diferentes contidos estudados na aula (números enteiros, números fraccionarios, números decimais, unidades de medida, xeometría...). A actividade resultou moi dinámica e divertida.
yle="text-align: center;">
Economía circular
Aproveitando que o día da Terra é o 5 de xuño o alumnado de 6º recibiu unha charla sobre economía circular; aprendendo o que significa ese termo e a importancia de realizar un consumo responsable.
A oca dos números enteiros
Empregamos un taboleiro tradicional da oca para xogar usando números enteiros. Tiñamos un dado normal e outro cos signos de suma e resta. Coa tirada tíñase que avanzar ou retroceder segundo o que tocase.
Fake news
Tras o estudo da noticia e ver as súas partes, creamos as nosas noticias a partir de titulares falsos. Unha actividade que proporciounou noticias moi divertidas.
Números positivos e negativos
Usamos os espazos do centro para traballar as matemáticas. Nesta ocasión usamos a escaleiras do centro para traballar os números positivos e negativos. Tiñamos tres montóns de cartas no descanso das escaleiras e debíamos escoller unha de cada montón, despois debíamos resolver a operación e ir ao chanzo que se correspondese co resultado da operación.
Día da Muller
O 8 de marzo o alumnado de 6º curso realizou un mural colaborativo para celebrar o día da Muller.
Vea artística
Aproveitamos o Entroido para facer unha obra de teatro con tod@as as personaxes das que nos disfrazamos. Cada un tiña adquirida unha responsabilidade para que todo funcionase.
Saída a Naturmaz
Día de convivencia en Naturmaz onde todo o alumnado participou nas distintas actividades ofertadas. Realizaron actividades como: tiro con arco, escalada, busca do tesouro...
Para poder realizar algunha das actividades era necesario o traballo en equipo, para así conseguir o obxectivo marcado.
TÓMBOLA LECTORA DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Despois de ler unha morea de libros durante todo o curso e facer as fichas de lectura e/ou vídeo-reseñas deles, de participar nos certames literarios e incluso, algúns deles, de superar o ambicioso reto do Libropoly, o alumnado dos cursos superiores de Educación Primaria desfrutaron enormemente da Tómbola Lectora.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »