Edu-Sostibilidade

ARAÑAS DE SAMAÍN

Nesta ocasión, e aproveitando varias condicións que se daban na nosa aula : unha a chegada do Samaín, e a máis importante era que tiñamos unha araña de verdade na porta da nosa aula.  Pois entre todxs decidimos facerlle unhas amigas para que non estivera tan sola estes días. Entón pensando en que material poderíamos usar decidimos usar os tapóns dos bebibles que traen nas merendas e que levamos recollendo desde o ano pasado e que usamos para facer algúns murais e destas actividades para ver que se lles pode dar outro uso e reciclar.

ESCULTURAS DE OUTONO

Realizadas pol@s nen@s de 4º de primaria. Cada nen@ trouxo da súa casa os materiais co que ía realizar a súa obra. Durante a realización desta exposición, @s nen@s de xeito expontáneo, fixeron un "mercado de trueque", intercambiando produtos uns cos outros segundo as necesidades que se lles ocurrían...foi unha tarefa realizada na clase de plástica, e resultou moi enriquecedora e cuns resultados máis que satisfactorios.

COLLEITA E ESFOLLA DO MILLO

Na aula de 4 anos, plantamos o ano pasado millo na nosa horta. E en setembro fomos a recollelo. Estamos artellando algo para facer con el... pero xa vos iremos ensinando o que... queda de sorpresa!!  Recollémolo e esfollámolo para conservar as follas.

COLLEITA DE OUTONO

Toca recoller os productos de outono na aula de 4 anos. Despois de plantar na nosa horta o curso pasado, tocaba recoller os froitos. Aqui podedes ver como o fixemos.

SABERES E SABORES DO NOSO HORTO

 

O alumnado de 6 de Educación infantil recolleu a "colleita de verán":os cultivos que plantamos na primavera deron os seus froitos.

Coa chegada do outono tocou preparar a terra para os novos cultivos.

Sementamos de forma indirecta, sementes grandes(landras),  aproveitando os envases de iogur para facer os sementeiros caseiros.

Tamén semente de forma directa,  as sementes pequenas ( nabos, cenorias).

 

Outro dos traballos foi "obter as sementes".Para ter unha horta orgánica autosuficiente necesitamos as sementes dos nosos cultivos para volvelos plantar a vindeira tempada.Así iremos conseguindo cultivos que se adaptan mellor á nosa horta e clima.

Distribuir contenido