SABERES E SABORES DO NOSO HORTO
O alumnado de 6 de Educación infantil recolleu a "colleita de verán":os cultivos que plantamos na primavera deron os seus froitos.
Coa chegada do outono tocou preparar a terra para os novos cultivos.
Sementamos de forma indirecta, sementes grandes(landras), aproveitando os envases de iogur para facer os sementeiros caseiros.
Tamén semente de forma directa, as sementes pequenas ( nabos, cenorias).
Outro dos traballos foi "obter as sementes".Para ter unha horta orgánica autosuficiente necesitamos as sementes dos nosos cultivos para volvelos plantar a vindeira tempada.Así iremos conseguindo cultivos que se adaptan mellor á nosa horta e clima.