ARAÑAS DE SAMAÍN

Nesta ocasión, e aproveitando varias condicións que se daban na nosa aula : unha a chegada do Samaín, e a máis importante era que tiñamos unha araña de verdade na porta da nosa aula.  Pois entre todxs decidimos facerlle unhas amigas para que non estivera tan sola estes días. Entón pensando en que material poderíamos usar decidimos usar os tapóns dos bebibles que traen nas merendas e que levamos recollendo desde o ano pasado e que usamos para facer algúns murais e destas actividades para ver que se lles pode dar outro uso e reciclar.