Polo creativo

BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?

En 6º de EI traballamos moito sobre o conto: "Brown Bear, Brown Bear, What do you see?". Por iso xa soos capaces de contalo nós mesmos. Así que gravamos un audio cantando o conto e un mini libro para podelo contar ás nosas familias. 

NO EGGS HERE! OH DEAR!

"No eggs here! Oh dear!". Así din os animais e o neno que vai pola granxa intentando atpar ovos. Este conto escoitámolo varias veces en EI (incluso algúns dos nosos padriños viñeron contárnolo) ata que xa o sabemos de memoria. Por iso levamos este pequeno agasallo. Nel aparecen códigos QR que enlazan coa nosa versión do conto, o vídeo de Diana, Leonor e Carla así coma o de Ainhoa, Miguel e Alba. Tamén levamos o libro por turnos, para contar o conto nós directamente ás nosas familias.  

OH DEAR!

 


Tres alumnas de sexto de primaria contaron, en inglés, o conto "Oh Dear!" de Rod Campbell na aula de 5º EI. Conseguiron que a súa audiencia estivera moi atenta. Despois practicaron con eles os nomes dos animais do conto e xogaron un "memory" con tarxetas de debuxos da historia. Un momento moi productivo e divertido para todos!

 
 

MOITO MÁIS SOBRE A AULA MAKER

Continuamos coa presentación de diferentes exemplos das actividades que fai o noso alumnado na "aula maker" durante os recreos dos xoves e venres en primaria e de martes a venres en secundaria.
Como xa comentamos, durante os recreos é un espazo de creación, estudo e xogo en liberdade, baixo o coidado dunha profesora de garda (e unha coidadora se hai presenza de alumnado que o necesite). As actividades durante o tempo de lecer non son dirixidas polo profesorado, senón que xorden espontaneamente da rapazada. Esta mesma aula é empregada polo profesorado no tempo lectivo para facer actividades co material do programa Polos Creativos, por exemplo, con actividades reguladas. Pero nos períodos de lecer predomina a liberdade creativa.
A profesora sitúa diferentes recunchos de actividades, variándoos de cando en vez para motivar o xogo; pero o alumnado é libre de coller outro material dos andeis, ou realizar outras actividades non previstas en absoluto.
É un espazo de inclusión e convivencia, onde o alumnado de diferentes cursos interactua e establece ou reforza amizades, onde se traballa a coeducación, e se abre a posibilidade de desenvolver actividades que non teñen cabida no currículo habitual e que contribúen a evitar o abandono escolar.
Aquí vai unha escolma de exemplos.

 
 
 
Distribuir contenido