Polo creativo
DÍA DOS ABRAZOS
On nenos e nenas da aula de 3 anos traballamos esta semana co conto O abrazo de Eoin McLaughlin, para celebrar o día do abrazo, e despois fixemos esta actividade. Esperamos que vos guste!
PODCASTS IN ENGLISH: WHO DO YOU ADMIRE?
ONE IS A SNAIL...
O alumnado de 3º de primaria realizou unha adaptación do libro:"One is a snail, ten is a crab". Foi un traballo en equipo que está exposto no tablón de primaria, xunto ao salón de actos. Fixeron dúas versións nas que se incuiu o audio do conto gravado por eles. Están levando para a casa as dúas versións consecutivamente para que todos os alumnos podan lelo e escoitalo coas súas familias. Temos aquí acceso a el co código QR.
EN INFANTIL CONTAMOS CONTOS EN INGLÉS
Queres que che contemos un conto en inglés? Aquí tes a historia de "Pete the Cat". Pódela escoitar abrindo o audio que se agocha neste código QR.
Nas fotos verás como fomos personalizando o noso libriño de "Pete the Cat". Levámolo para a casa para escoitar e contárllelo ás nosas familias. Esperamos que o disfrutes.