CHAPAS POR LUÍSA VILLALTA
Letras galegas 2024 de Elena Pérez López
TRABALLO DO DÍA DAS FAMILIAS
Día das familias de Elena Pérez López
USO DE TABLETS DE POLOS CREATIVOS NA AULA MAKER
Entre o material pertencente aos Polos Creativos, dispoñemos de 6 tablets que se poden empregar para traballos específicos das diferentes materias para todo o alumnado, ou para os tempos de lecer na chamada aula maker, baixo a supervisión da profesora de garda. No mundo actual, a alfabetización dixital é imprescindible, e ademais, os videoxogos empregados con supervisión e control, inclúen beneficios como o desenvolvemento da atención, a creatividade, a memoria, os idiomas ou o traballo en equipo. Os videoxogos poden axilizar a capacidade de lidiar con imprevistos ao plantexar problemas e establecer un tempo para resolvelos. Tamén poden ser empregados con fines máis específicos en alumnado con necesidades educativas especiais, como traballar a motricidade fina, habilidades comunicativas, etc.
VISITA DO ZOQUEIRO
O alumnado de 1° de ESO disfrutou da experiencia de ver un zoqueiro tradicional que nos amosou os seus traballos como artesán ademais das ferramentas que usa para a elaboración de zocas e cestería.
Resultou fascinante ver cómo estas artes tradicionais foron recollidas por unha persoa tan nova que combina os seus estudos de 1° de BAC co compromiso casi moral de conservar as tradicións dos nosos ancestros.
Non só nos ensinou o proceso de elaboración artesán senón que nos transmitiu certos valores relacionados co compromiso e respeto pola nosa cultura e tradicións ademais de demostrarlle ó alumnado que o tempo é valioso e relativo,e que temos mais do que pensamos para utilizalo nun ocio mais diverso e rico que ó que están acostumados.
Toda unha experiencia!
INTERCAMBIO CO CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ
Intercambio do Club de Lectura do CPIP de Castroverde e o CPI Dr. López Suárez de Friol,para comentar a obra "Donas de nós " de Ánxela Gracián.
No encontro,celebrado na biblioteca do centro, contamos coa presenza da autora que nos explicou cando escribiu a obra,o significado e o motivo do nome dos protagonistas,o obxectivo da obra...
O alumnado preguntou e deu opinións sobre o contido do libro e un grupo realizou unha lectura dramatizada das escenas finais da obra.
Despois percorremos un curto traxecto do Camiño Primitivo,o que vai desde Vilar de Cas ata A Pallota.
Visitamos o cemiterio de Soutomerille e fixemos unha parada na igrexa do mesmo nome.
Rematada a andaina, paramos para repoñer forzas cun xantar campestre na Pallota.
O encontro rematou coa lectura de dous poemas da obra "Paisaxes de pan" por parte da autora,Ánxela Gracián,que nos acompañou durante toda a actividade.