ENCONTRO COS USUARIOS DO CENTRO RESIDENCIAL "O CASTRO" DE CASTROVERDE

 

O alumnado de 2° ESO participou neste encontro ,celebrado na biblioteca do centro, recitando poemas de Rosalía de Castro ou María Victoria Moreno; lendo contos e lendas populares; cantando cantigas tradicionais galegas  como "A saia da Carolina" e ata bailaron.

O acto rematou no comedor escolar onde tomamos chocolate,biscoito e galletas.

Seguiremos realizando estas actividades; é moi gratificante ver aos nosos anciáns e anciás sorrindo e desfrutando.

GRUPOS INTERACTIVOS DE INGLÉS EN 1°ESO

O alumnado de 1° ESO  disfrutou na tarde do luns dos GRUPOS INTERACTIVOS en INGLÉS.

Os catro grupos rotaron entre sí

 realizando tarefas relacionadas con vocabulario da unidade e as estructuras básicas de pasado.Estas actividdaes contribuian a integrar os grupos ordinarios e de reforzo a vez que o de AC axudándose uns a outros e orientándose para buscar a información precisa para resolver con eficacia.

Agradecer ó comportamento exquisito do alumnado e á axuda das compañeiras e compañeiros que dirixiron as actividades.☘️

Distribuir contenido