VISITA AOS MUSEOS DA ROMANIZACIÓN

O mércores 12 de xuño, o alumnado de 2º da ESO tivo a oportunidade de aprender sobre a romanización visitando diferentes museos e monumentos da cidade de Lugo. Visitamos a Sala de Exposicións Porta Miñá, a Domus do Mitreo, o Centro de Interpretación da Muralla e a Domus Oceani, así como observando en directo a propia muralla romana, única no mundo desta época que conserva o seu perímetro completo. Fixémolo con disfraces realizados no centro co material de Polos Creativos.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE NA BIBLIOTECA

Celebramos o Día do medioambiente coa lectura de dous contos por parte de alumnado de 6º de Educación Primaria aos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria para concienciar da importancia que ten o medioambiente nas nosas vidas e ensinar o que podemos facer para intentar mellorar a situación.
Ademáis colocouse unha exposición de libros sobre a temática.

TEMPO DE SEMENTEIRA

O equipo "A patrulla verde" estivo traballando en diferentes momentos da primavera, na preparación do horto para sementar e nos semilleiros.

En breve empezarán a medrar os garavanzos, fabas, azafrán e xirasoles.

Tamén chegou o momento de ver como medran os carballos que naceron das landras que escondieron no outono.

COIDAMOS DO MEDIO AMBIENTE

 

O alumnado de 6 de E.I. comprometidos coa reciclaxe estiveron a recoller o papel sobrante da súa aula para darlle unha nova vida.

Coa axuda da profe Inés, conseguiron facer o seu novo papel reciclado e a confección dos mini cadernos.

OS NOSOS SITIOS FAVORITOS

Made with Padlet

O alumnado de sexto de primaria comparte neste mapa algúns dos seus sitios favoritos para visitar. Hai unha grande variedade de opcións. Así, para chegar a algún deses lugares hai que coller un avión e para desprazarse a outros pódese ir a pé! A ver que vos parece... Ah, e fixérono en inglés!

Distribuir contenido