SER LINGUA NON É FÁCIL

LINGUA

As alumnas e alumnos de ESO fixeron actividades sobre a exposición itinerante "Ser Lingua Non é Fácil", que trata das dificultades que algunhas linguas, amplamente faladas hoxe, tiveron que pasar no seu día.

VER CONTIDO DA EXPOSICIÓN

FOTOS

CELEBRACIÓNS DE OUTONO

OUTONO

Este curso celebramos o magosto, coma tódolos anos, con degustación de castañas. Pero ademais puidemos contemplar as exposicións de produtos do outono, de cabazas e traballos de Samaín e Halloween, participar en xogos, concursos e gozar da representación que realizaron os alumnos e alumnas de 3º e 4º no salón de actos. Todo isto estivo acompañado do traballo previo nas aulas. Clicando nos enlaces podedes ver máis fotos destes eventos. Proximamente engadiremos o vídeo da actuación de 2º ciclo.

FOTOS

VISITA AO PARLAMENTO DE GALCIA

As alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO asistimos en Santiago, o día 10 de outubro, a un cacho da sesión parlamentaria.

VISITA AO PARLAMENTO

BIBLIOTECA DO CPI DE CASTROVERDE NO PROXECTO MEIGA

Estamos a traballar para mellorar a nosa biblioteca. Unha das cousas que facemos e rexistrar todos os nosos libros no programa Meiga para que poidades saber con facilidade se temos o libro que buscas. Aínda estamos empezando pero podes consultar neste enlace:

MEIGA

PROXECTO MEIGA. BIBLIOTECA DO CPI DE CASTROVERDE

 

REVISTA SEMENTEIRA 2011

O novo número da revista Sementeira xa se pode descargar aquí.

PORTADA

Distribuir contenido