A FAMILIA COMO ALIADA NA ANIMACIÓN Á LECTURA

No curso de 1º de Primaria estamos a desenvolver o proxecto “A familia como aliada na animación á lectura” que ten como obxectivo fomentar a competencia lingüistica do alumnado.
O proxecto inclúe, entre outras actividades, unha sesión semanal de lectura dialóxica na que participan seis nais.
O pasado 17 de decembro, varias familias participaron  nun obradoiro de formación sobre o proxecto impartido pola titora do curso.

NAIS E PAIS COA PROFESORA

ÚLTIMAS NOVAS

- Xa saiu a normativa sobre a Avaliación Diagnóstica, no DOG 236 do 13 de decembro de 2011.

- Concedéronnos unha vez máis a subvención para continuar co Club de Lectura. Este curso estará dedicado aos contos.

- O 2 de marzo teremos unha conferencia-charla de Jorge Mira, autor do libro "A Ciencia no Punto de Mira".

- Este curso tamén participaremos en Caixa Escena, con alumnado de 3º de ESO, a finais de febreiro.

- 15 alumnos de 5º e 6º de primaria participarán nas Escolas Viaxeiras a Tenerife.

- Do 12 ao 18 de novembro celebraránse as Estadías Medioambientais en Villar de Ciervos, para 3º de ESO.

Distribuir contenido