PREMIOS HALLOWEEN 2021!

Xa temos as gañadoras e gañador dos premios Halloween 2021!!
 *1° premio:* 
Ceibe Gil  Fernández-Coronado de 2° de ESO
 *2° premio:* 
Noelia López Comuñas, 4° ESO.
 *3° premio* : 
Adrián López Villarino,1°ESO
 Ademais o alumnado participante recibiu este ano como agasallo unha cabaciña rechea de caramelos. Non podían faltar unha  "pumpkin with candies"nun auténtico Halloween.

 

Noraboa as gañadoras e gañador!

SAÍDA DE 4º DE ESO A QUIROGA, MONTEFURADO E PANTÓN

Despois de moitos meses sen sair do CPIP, o alumnado de francés e de latín de 4° ESO, foi de excursión. A xornada comezou cunha parada nos museos de Quiroga cunhas visitas guiadas por Ramón Vila, o experto da zona. Descubriron o museo xeolóxico e o museo etnográfico onde contestaron a un cuestionario en francés. Ao rematar probaron a famosa bica da pastelería Marisa e descubriron os murais pintados sobre as fachadas dos edificios da vila.

A continuación, achegáronse  a Montefurado para ver unha das grandes obras civis dos romanos para a explotación do ouro.

Para xantar, o alumnado fixo un picnic aproveitando o fermoso día soleado. 

Para rematar o día, foron a unha casa rural en Pantón, alí entraron nunha sala de xogo de escape onde puxeron a proba as súas habilidades e as súas competencias de francés e de latín solucionando enigmas. Foi emocionante e o alumnado quedou con ganas de repetir a experiencia!

 

Con todas esas actividades culturais e lúdicas, o día foi moi ben aproveitado! 

MAGOSTO 2021

 
Celebramos o magosto comendo castañas asadas e desfrutando con algún xogo tradicional e coa castaña zampona. Que ben o pasamos!

HALLOWEEN 2021

 
E chegou o día esperado donde agradecemos a todo o alumnado ,tanto de Primaria como de Secundaria a súa incrible participación nos nosos concursos de  "HALLOWEEN CAULDRON" e "ART PUMPKINS".
O departamento e equipo docente tanto de Primaria como da ESO diseñaron e programaron estas actividades en conxunto respetando o auténtico concepto dun centro integrado compartindo proxectos que contribúen á eficacia e coherencia do programa plurilingüe do noso centro. O espíritu festivo invadiu o noso centro a semana previa ao Halloween, como se pode comprobar no enlace ás fotos.
Noraboa a tódalas e tódolos participantes. O vindeiro día 10 saberemos os resultados dos premios en secundaria.
Ánimo e bo Halloween!!!
Distribuir contenido