TEATRIÑO NO MERCADO DE NADAL

O alumnado de 4º de ESO participou o 19 de decembro no Mercado de Nadal de Castroverde por partida dobre xa que venderon os seus produtos para recaudar diñeiro para a excursión e ademais representaton unha pequena obra de teatro con monicreques. Unha experiencia moi positiva.

O PÈRE NOËL CHEGOU A CASTROVERDE CON ANTELACIÓN

A sorte sonrie ao alumnado de francés!
O venres o alumnado de francés de 3°ESO recibiu un primer paquete de nadal do colexio Pierre Stephan de Briec (programa de intercambio eduexchanges) que chegou da Bretaña francesa. O alumnado de francés de 4° ESO, que intercambia co colexio de Briec dende o curso pasado, encargouse do reparto das cartas escritas polos rapaces franceses e dos caramelos tipicos que atoparon no paquete.  
Ademais diso, hoxe durante o recreo, o alumnado de 3°ESO volveu a estar de sorte xa que chegou un segundo paquete de nadal! Esta vez o paquete ven da cidade de Corbie. Temos que dar as grazas ao alumnado francés do centro de Eugène Lefèbvre (programa Galimiens) xa que enviou cartas e regalos a cada un d@s nos@s alumn@s!
Non cabe dúbida que os intercambios están sendo todo un éxito!

HOMENAXE-TERTULIA A ALMUDENA GRANDES

Celebrarase por Ewbex, no número de dirección o 27 de xaneiro. Preguntar en secretaría polos materiais para a tertulia.

Distribuir contenido