CONCURSO DE ROBÓTICA E VISITA A MUNCYT

O día 18 de Novembro o alumnado de Ciencias de 4º ESO foi á Coruña para participar no Concurso Galego de Robótica, cada grupo formado por 5 alumnos/as tivo que resolver unha serie de desafíos de dificultade progresiva que implicaba unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo. Todos os grupos empregaron un robot Lego EV3.

Logo visitaron o Museo de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt), donde puideron ver nas distintas salas desde o rincón das chapuzas, cachivaches, ata grandes pezas como a primeira lanterna eléctrica da Torre de Hércules, unha parte dun acelerador de partículas construído pola Xunta de Enerxía Nuclear en Madrid, a primeira enciclopedia Mecánica deseñada pola mestra Ángeles Ruíz Robles que facilitou a aprendizaxe dunha maneira interactiva e razoada, pero o que máis lles chamou a atención foi a sala iberia, onde está a cabina do Boing 747 “Lope de Vega” conocido como Jumbo, na súa adega viaxou dende Nueva York a Madrid o Guernica de Picasso en 1981.

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DAS VIOLENCIAS MACHISTAS EN 2º DE PRIMARIA

As nenas e nenos de 2º de primaria, con motivo do Día da Eliminación das Violencias Machistas, estivemos lendo e comentando o libro de Rosa Caramelo... Centámonos, como nenas e nenos que somos, nos xogos e xoguetes , e en que non hai diferenzas entre o sexo á hora de xogar ou mercar xoguetes. Fixemos uns murais chulísimos...

 

SCIENCE WEEK

Dende o departamento de lingua inglesa levamos traballando dúas semanas a SCIENCE WEEK a través do noso ENGLISH SQUARE. Centrámonos no olvidado papel da muller científica expoñendo estadísticas para concienciar ó alumnado da necesidade de visibilizar os erros do pasado para crear un futuro mais igualitario e xusto. O alumnado participa activamente buscando e completando información dos paneis, facendo reseñas biográficas das grandes mulleres esquecidas ó longo da historia. Traballamos na aula co noso auxiliar de conversa vocabulario relacionado cos símbolos e signos matemáticos , visualizaron unha presentación sobre figuras femeninas históricas e asemade, resolveron retos de cálculo mental e resolución de problemas aplicando todo ese léxico. O reto semanal tamén xirou neste sentido xa que o alumnado debía reproducir oralmente unha serie de números mellorando as súas marcas de tempo de xeito personalizado. Atréveste ti co reto? Intentao co cronómetro, compite contigo mesmo e vai mellorando a túa velocidade.

Try it!!!

9

99

999

9,999

99,999

999,999

9,999,999

99,999,999

999,999,999

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA NO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


HIPATIA DE ALEXANDRÍA

O 25 de novembro o alumnado de ESO participará nunha Tertulia sobre HIpatia de Alexandría. Na seguinte ligazón está o texto que do libro Hipatia de Alejandría: Un equipo plural de científicas desvela la verdad sobre la primera mujer de la ciencia

 

Distribuir contenido