PREMIOS HALLOWEEN 2024 EN ESO

Un ano máis  o departamento de inglés  entregou os premios  e agasallos a todo o alumnado que colaborou nesta actividade.
Este ano o primeiro premio foi para Lola Veiga de 1° de ESO ,o segundo para Carla Martínez  de 2° de ESO  e o tercero para Sabela Palmeiro tamén de 2° de ESO. 
O resto do alumnado participante recibiú un agasallo que lles encantou e fixo sonar os ohhhhh! na sua aula.
Dende o departamento de inglés agradecemos  a colaboración,interese e dedicación neste tipo de actividades.

VISITA Á TORRE DE CASTROVERDE

O martes 29 de outubro o grupo de 2º da ESO visitou o castelo de Castroverde, unha fortaleza do século XIV. En lugar de dar a clase na aula, saímos camiñando ata a torre da homenaxe, aproveitando o sol dun día despexado. Alí, nos restos do que no pasado  foi un impresionante castelo de dúas hectáreas, aprendimos diferentes aspectos da vida medieval e, sobre todo, do noso castelo en concreto. Que importante é valorar o noso patrimonio!

MATERIAIS INCLUSIVOS

 "A competencia matemática, como todas as competencias, deben traballarse en todas as materias; tamén co alumnado con neae. Este alumnado aprende mellor con materiais manipulativos, especialmente se conseguimos que se acheguen aos seus intereses. Na materia de Xeografía e Historia elaboramos materiais específicos para que este almnado comece a familiarizarse con contidos tales como os que traballamos con estes ascensores: os números negativos. Os "problemas" (orais) que deben resolver son, por exemplo, "se Lady Bag está no piso 2 e Cat Noir no piso -2, cantos pisos debe subir Cat Noir para reunirse con Lady Bag?".

RUTA ASTURIAS E CANTABRIA

 

 

A semana pasada o alumnado se 3° da ESO realizou un roteiro por Asturias e Cantabria, dentro do programa do ministerio de Educación "Rutas Científicas, Artísticas e Literarias". Visitaron sitios tan interesantes como os lagos de Covadonga, as covas de Altamira ou Cabárceno entre moitos outros. Todas estas actividades compartironas co alumnado de 3° da ESO do IESO Cella Vinaria de Ceclavín (Cáceres).
 
 
Distribuir contenido