O pasado mércores 25 de febreiro, os alumnos de 4º ESO A e B, participaron nunha saída moi interesante a Coruña.
Primeiro acudiron á Cociña Económica para entregar os alimentos que mercaron co recaudado no mercadillo solidario do Nadal, algo que xa é unha costume no noso cole.
Despois visitaron no Museo de Belas Artes, a exposición da que todo o mundo fala, O Primeiro Picasso. Logo fixeron un percorrido polas rúas e zonas da cidade polas que o pintor viveu na súa estancia na nosa cidade, a rúa Real, onde realizou a súa primeira exposición, os xardíns dos Cantóns, a escola Eusebio da Garda, onde estudou Secundaria e despois iniciou os seus estudos de Belas Artes... Finalmente, visitamos a súa casa, onde viveu coa súa familia. Alí aínda tiveron tempo de xogar adiviñar algunhas das obras máis coñecidas do autor.....