Linguas galega e castelá

 NIVEIS MÍNIMOS DE COMPETENCIA CURRICULAR

3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ÁREAS DE LINGUA GALEGA E CASTELÁ


COMUNICACIÓN ORAL (escoitar e falar)

  • Atende e escoita na clase.

  • Amosa interese por comunicarse.

  • Participa de forma construtiva en diferentes situacións de comunicación (diálogos, coloquios, asembleas, debates...), respectando as normas que fan posible o intercambio comunicativo.

  • Comprende ordes, mensaxes e expresións orais ( explicacións, instrucións dos mestres, expresións dos compañeiros...)

  • Capta e comprende o sentido global de mensaxes orais.

  • Constrúe frases correctamente en situacións cotiás.

  • Utiliza frases interrogativas, narrativas ou exclamativas.

  • Expresa correctamente as súas ideas, opinións, vivencias, feitos cotiáns, sentimentos..., de forma razoada e lóxica.

  • Realiza definicións, descricións, narracións orais...

  • Utiliza un vocabulario axeitado ao contido do texto oral.

  • Memoriza e reproduce cancións, poemas, contos, adiviñas, trabalinguas...

  • Asocia a información recibida oralmente coas situacións cotiás, coa vida diaria.

 

COMUNICACIÓN ESCRITA (ler e escribir)

  • Le con ritmo, velocidade e entoación axeitados.

  • Ten boa comprensión lectora.

  • Distingue nun texto as ideas principais das secundarias.

  • Amosa interese e curiosidade pola lectura.

  • Produce textos escritos empregando oracións con sentido.

  • Escribe, definicións, descricións, narracións, contos, historias, cartas...

  • Utiliza nos seus escritos frases interrogativas, narrativas ou exclamativas.

  • Usa a ortografía natural nas súas producións escritas.

  • Usa o diccionario e os libros de consulta.

  • Manifesta curiosidade e interese pola produción de textos escritos.

  • Valora os textos escritos como forma de comunicación.

 

ANÁLISE E REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA (vocabulario, gramática, ortografía...)

  • Forma diferentes clases de familias de palabras.

  • Identifica e usa palabras compostas.

  • Recoñece as palabras polisémicas.

  • Identifica sinónimos e antónimos.

  • Coñece e usa diferentes clases de palabras: nomes (comúns, propios, individuais, e colectivos), artigos (e contraccións máis usadas), adxectivos, pronomes persoais, verbos...

  • Asocia cada artigo cun nome dado.

  • Identifica o xénero e o número das palabras.

  • Identifica algúns prefixos e sufixos. Coñece o seu significado.

  • Coñece o aumentativo, diminutivo e despectivo dunha palabra dada.

  • Identifica os verbos dun texto.

  • Distingue o presente, pasado e futuro dos verbos.

  • Emparella cada pronome persoal coa súa forma verbal.

  • Clasifica palabras alfabeticamente.

  • Ordena frases ou oracións desordenadas.

  • Completa frases ou oracións coas palabras omitidas.

  • Recoñece e utiliza distintos tipos de oracións (negativas, afirmativas, exclamativas, interrogativas, dubitativas, compostas...)

  • Identifica as partes da oración: suxeito e predicado.

  • Realiza resumos de textos (orais e escritos).

  • Usa na escritura os coñecementos ortográficos traballados:

Ortografía da palabra:

Sempre:

*uso da maiúscula nos nomes propios e o comezo da oración

*br/bl

*m antes de p e b

*r/rr

*c/z/q

*g/gu/gü

*s/x

* y/i

Nas palabras moi usadas ou copiadas:

* b/v

* h

* g/j

* ll/y

*palabras rematadas en z/d

*acentuación de agudas graves e esdrúxulas.

Ortografía da oración:

 

*(.) ao final da oración

*(,) nas enumeracións

*(:) no encabezamento das cartas

*(¿ ,¡ ) nas preguntas e exclamacións

  • Manifesta interese por presentar os seus escritos limpos e sen erros ortográficos.

 

COMUNICACIÓN VERBAL E NON VERBAL

  • Interpreta e le símbolos, sinais e imaxes. Usa a linguaxe non verbal..

  • Realiza sinxelas dramatizacións.

  • Valora e utiliza os diferentes tipos da linguaxe (xestual, oral, visual, gráfica, escrita...) como forma de comunicación.

  • Amosa unha actitude crítica cara á linguaxe oral, visual ou gráfica (prensa, TV, internet...)

  • Amosa gusto polo estético.