Mínimos Segundo Ciclo

ÁREA DE COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL, SOCIAL E CULTURAL.

Bloque 1. Os seres humanos e a saúde.

  • Recoñecer os cambios nas diferentes etapas da vida das persoas.
  • Identificar as partes externas do corpo e algúns órganos.
  • Coñecer a importancia dos sentidos na relación co medio e co resto dos seres humanos.
  • Coñecer  hábitos de hixiene persoal, de descanso,de alimentación equilibrada e de exercicio físico adecuado para unha vida saudable.


Bloque 2. As plantas e os animais.

  • Identificar  animais e de plantas como seres vivos.
  • Identificar de cambios observables que se producen nos seres vivos.
  • Recoñecer as principais características dos animais vertebrados e dalgúns invertebrados.
  • Coñecer as características das plantas.
  • Valorar a importancia da existencia de animais e plantas para as persoas: a agricultura e a gandaría.


 Bloque 3. A vida en sociedade.

  • Coñecer a importancia das relacións interpersoais (veciñanza, compañeirismo) e o cumprimento das normas de convivencia.
  • Coñecer as manifestacións culturais do contorno.
  • Identificar as formas da actividade económica do contorno próximo.
  • Desenvolver actitudes de consumo responsable e comercio xusto.


Bloque 4. O medio físico: espazo e materiais.

  • Identificar algúns elementos xeográficos e do relevo do contorno (montañas, ríos, rías, lagoas).
  • Recoñecer os movementos da Terra e da Lúa e as súas consecuencias (as estacións).
  • Coñecer os cambios de estado da auga.


Bloque 5. O paso do tempo.

  • Utilizar unidades de medida temporal.
  • Coñecer a importancia da conservación dos restos artístico-culturais presentes no propio contorno.


Bloque 6. Máquinas, aparellos e tecnoloxías.

  • Coñecer o funcionamento de obxectos, aparellos e máquinas sinxelas.
  • Usar as TIC de xeito cada vez máis autónomo.


ÁREA DE LINGUA GALEGA E  LINGUA CASTELÁ

Bloque 1. Escoitar e falar.

  • Comprender e expresarse oralmente e por escrito de xeito adecuado.
  • Utilizar a lingua oral de xeito adecuado, expresarse oralmente con claridade.
  • Comprensión e produción de textos orais.
  • Actitude de escoita adecuada ante situacións comunicativas


Bloque 2. Ler e escribir.

  • Comprender a información relevante dun texto.
  • Lectura persoal, silenciosa e en voz alta.
  • Saber escribir o máis importante dun texto lido.
  • Elaborar textos propios.
  • Interese pola presentación dos escritos así como atención ás normas ortográficas.


Bloque 3. Reflexionar sobre a lingua.

  • Coñecer as regras ortográficas, e cinguirse a elas nos escritos.
  • Recoñecer nomes, adxectivos e verbos.
  • Distinguir os tempos presente, pasado e futuro.
  • Coñecer o xénero e o número de adxectivos e nomes.


ÁREA DE MATEMÁTICAS.

Numeración.

  • Ler e escribir números ata o millón.
  • Representar fraccións graficamente e recoñecer 1/2, 1/3, 1/4.


Calculo.

  • Sumar e restar.
  • Memorizar a táboa de multiplicar.
  • Multiplicar por varias cifras.
  • Dividir por unha cifra.
  • Coñecer a mecánica da división por dúas cifras.


Resolución de problemas.

  • Resolver problemas dunha operación (suma, resta, multiplicación e división como reparto).
  • Resolver problemas sinxelos de suma e resta combinadas.


Medida.

  • Coñecer as principais unidades de medida de lonxitude, capacidade, masa e tempo.
  • Relacionar as unidades anteriores co obxecto a medir.
  • Facer medicións sinxelas (lonxitude dunha mesa, dun lapis...).
  • Ler o reloxo e o calendario.


Xeometría.

  • Coñecer e debuxar rectas paralelas.
  • Clasificar ángulos: recto, agudo e obtuso.
  • Recoñecer os principais corpos xeométricos: cubo, prisma, pirámide, cono e esfera.
  • Recoñecer e debuxar as principais figuras planas: triángulo, cadrado, rectángulo, rombo, pentágono e hexágono.
  • Diferenciar circulo e circunferencia.



ÁREA DE LINGUA ESTRANXEIRA.

Bloque 1. Escoitar e falar.

  •  Comprender mensaxes orais (instrucións e peticións) de progresiva complexidade.
  • Comprender  textos orais de dificultade crecente.
  • Reproducir  textos orais coñecidos previamente.
  • Dominio de aspectos fonéticos, do ritmo, da acentuación e da entoación.


Bloque 2. Ler e escribir.

  • Asociar grafía, pronunciación e significado.
  • Ler e comprender diferentes mensaxes.
  • Lectura expresiva.
  • Escritura de textos propios coidando a súa presentación.


Bloque 3. Reflexión sobre a lingua.

  • Usar estratexias para a adquisición de novo léxico.
  • Utilizar diferentes medios (dicionarios visuais e bilingües, internet,materiais audiovisuais e multimedia...) como instrumentos de axuda.


ÁREA DE RELIXIÓN E MORAL CATÓLICA.

  • Coñecer os aspectos fundamientais do cristianismo.
  • Valorar e respectar a Biblia como palabra de Deus e iniciarse no seu manexo.
  • Coñecer algúns personaxes bíblicos fundamentais: Moisés, apóstolos, Virxe María.
  • Admirar e respectar a natureza como obra de Deus.
  • Saber describir as características dos amigos de Xesús.