Que esquecidiño tiñamos o noso blogue do horto!
A verdade é que o ano pasado foi un ano moi complicado. Por unha banda estivemos a arranxar o noso invernadoiro que agora ten unha apariencia xenial xa que está todo noviño. Logo tivemos un inverno longo e incesante no que a climatoloxía non nos deixou asomar a cabeza ata case o mes de Maio.
Aínda así logramos formar o novo equipa do horto escolar con moitas caras novas e outras que xa repetían a experiencia. Agora que estivemos recolectando os froitos do noso traballo nestes meses quixemos tamen reconectar convosco a través da rede para amosarvos un mundo que a nós fascina. Así que ahí vos vai unha breve crónica do que foi o ano pasado:
Como xa vos dixemos, temos un invernadoiro totalmente noviño e modernizado para poder cultivar nel aquelas cousiñas que nos apetecía. Este ano cultivamos leitugas, tomates e pementos de diferentes variedades e tipoloxías, remolacha de mesa, cenorias, berenxenas, brécol e coliflor. Además preparamos na zona de froiteiras unha estructura de emparrado e prantamos varias prantas de kiwi que pouco a pouco medran e están xa a trepar polos arames.
Prantamos tamén uns titores para tomates e pementos. Con estos titores non nos referimos aos titores que dan clases (os profesores) senón a un sistema de estacas que se emprega para axudar e guiar no crecemento as prantas e que mais adiante axudan a soster todo o peso cando xa dan os froitos.
Tamén montamos un sistema de regadío por goteo automatizado cun programador xa que no verán as prantas non atenden ás vacacións e seguen demandando auga, polo tanto...
Ao final, os resultados os poidemos saborear coas nosas maravillosas colleitas: as leitugas xa as poidemos levar para a casa xusto a tempo na derradeira semana de clases, pero o traballo quedaba ahí para a volta en Setembro...
Moi pronto vos adiantaremos novidades sobre cousiñas moi interesantes que estamos a facer neste comezo de curso.
Ata a próxima!