Palabras da serena
Os que escoitastes ou lestes o poema Ten a serena o canto, do gran poeta Curros Enríquez, decatariádesvos de que emprega moitos elementos e conceptos dos ámbitos da natureza e da mitoloxía: os cantos de serea, o inferno, os penedos, a lúa... Por esta riqueza temática, pensamos en tomalo como texto matriz para procurarmos e crearmos novos textos que conformasen o programa da Festa deste ano.
¡Teñamos, xa que logo, boa viaxe neste percorrido pola nosa palabra!
Secuencia de fotografías da última función.