Día das Letras Galegas

 

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.

Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".

Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.

 

FACEMOS UNHAS CHAPAS? Na biblio hai unha máquina "ad hoc".

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO debuxado por Serxio Laxe

 

O DÍA DAS LETRAS NO NOSO COLE 13

 VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA: UN XOGO COA CIDADE

          O XOGO resolto

Pasapalabra co noso autor