Día do libro

 

O DÍA DO LIBRO   

 

A idea orixinal da celebración do Día do Libro foi do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, que a propuxo á Cámara Oficial de Barcelona. Pouco despois, no ano 1930, instaurouse a data do 23 de Abril como Día Mundial do Libro porque nesta data morreron os escritores Miguel de Cervantes e Willian Shakespeare.

 

Así mesmo, todos os anos a UNESCO designa unha cidade para que desempeñe a función de Capital Mundial del Libro, e faino conxuntamente coas tres organizacións profesionais internacionais do sector do libro e da edición:

  • A Unión Internacional de Editores (UIE).

  • A Federación Internacional de Libreiros (FIL).

  • E a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas (IFLA).

 

AS CAPITAIS MUNDIAIS DO LIBRO FORON:

 

Madrid no 2001, Alexandría no 2002, Nova Delhi no 2003, Amberes no 2004, Montreal no 2005, Turín no 2006, Bogotá no 2007, Ámsterdam no 2008, Beirut no 2009, Liubliana no 2010, Bos Aires no 2011 e Ereván -capital de Armenia- no 2012.

 

             

O NOSO DÍA DO LIBRO 13

                PRESENTAMOS AS NOSAS CREACIÓNS DESTE CURSO

                             Dozuras mil

                             Palabras en conserva

                             Poemas verdes

                SOTERRAMOS AS NOSAS PALABRAS EN CONSERVA

                VIAXAMOS ATA MONDOÑEDO