TOC, TOC!

Canto recibas unha tarxeta TOC TOC, terás que obedecer e facer o que o pelotón lingüístico che manda porque  estará vixiándote!


 

TARXETA  TOC TOC! (Hai alguén aí?)

 TERÁS QUE FACER O QUE NELA LES!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estas son algunhas das tarxetas Toc Toc xa feitas:

-Elvira: Debuxa unha “zarigüeya”

 

-Espiñeira: di ao revés: en abril, augas mil.

 

-Rosa: di, tan rápido como ti falas: “O ceo está encarabincuntrinculado...”

 

-Patri: le por megafonía o conto infantil que che damos durante o recreo.

 

-Antón: fai a caricatura de Rosalía de Castro

 

-Graña: escribe unha palabra que che guste en galego e colócaa nunha cartolina no taboleiro do vestíbulo.

 

-Belén: Como sabemos que se che dá moi ben a tecnoloxía, fai un debuxo dunha casiña para paxaros, posible de construír en madeira, e coloca na súa porta o nome dunha árbore (en galego) das que hai no cole.

 

-Carmen S.: Fai unha flor en papel das que ti sabes facer tan chulas e pégaa nunha cartolina A4 da cor que máis che guste, escribindo debaixo un pensamento, un sentimento… en galego. Cólgaa ao lado da “zarigüeya” de Elvira e da “pajarita” de Flor.

 

-Chus PDC: Inventa unha estrofa poética. Tema: O amor

 

-Lukas. Contesta as seguintes preguntas, en galego!:

-Cal é a cor que máis che gusta? Por que?  O azul. Non sei por que razón... quizás porque é unha cor bonita e relaxante.

-En que lugar do mundo che gustaría vivir? Por que? No Caribe, porque é un lugar moi exótico.

-Cal é a túa comida preferida? Saberías darnos a receita dela rapidamente? Os espaguetis. Sabería, si... pero xa vola dou outro día...   :-)

 

-Edita: Escribe un haiku sobre Galicia e colócao no taboleiro de EDLG (vestíbulo principal).

 

-Margarita, profe de inglés: escolle un poema en inglés que che guste e tradúceo para o galego.

 

-Flor: Fai unha “pajarita” de papel e ponlle un nome feminino en galego. Despois cólgaa ao lado da “zarigüeya” de Elvira.

 

-María Méndez: Como temos información privilexiada, terás que bailar uns puntos de muiñeira. Podes escoller parella masculina. Bailaredes no seguinte recreo diante da sala de profes.

 

-María Orientadora: Como sempre levas zapatos de tacón, escribe nunha “pegatina” a palabra que máis che guste en galego e pégaa nun dos tacóns.

 

-Mary Carmen: como es profe de Reli, terás que rezar un pouquiño… Marchando un “Nosopai”!

 

-Verónica: Sabemos que se che dá moi ben o teatro… Pensa nun título dun libro en galego e, sen falar, só con xestos e mímica, intenta que averigüemos cal é.

 

-Cristina (inglés primaria): Inventa unha regueifa. Escríbea nunha cartolina e colócaa no taboleiro de EDLG (vestíbulo principal).

 

-Cristina Graña, Esther, Lola, José Antonio, Jose Casanova, Juan Beceiro, María Jesús, María José Dopico, Mónica, Raquel, Rosa Tenreiro, Begoña (secretaría): Escribe unha frase bonita en galego (na metade dunha cartolina da cor que máis che guste) e colócaa no taboleiro de EDLG (vestíbulo principal).