Si, por que non gardamos unha palabra?
Pensa nunha palabra da nosa lingua que che guste. Pode gustarche porque che soa ben, porque che recorda cousas agradables, porque lla escoitaches á túa avoa e cres que se está a perder, polo que sexa... pero GARDA A TÚA PALABRA para que NUNCA se perda!
-Formato: Un anaco de cartolina da cor que máis che guste e escribe nela –de forma chula- a palabra que queiras conservar. Despois gárdaa no bote de conserva que hai no vestíbulo. Podes personalizar a cartolina!
DATA final de entrega: 30 de outubro.
Esta é unha foto da exposición das nosas palabras en conserva:
Aquí podedes ver e ler o noso libriño das palabras en conserva. Nel cada rapaz-a escribiu unha frase para cada palabra conservada.
E aquí están xa soterradas TODAS as NOSAS PALABRAS EN CONSERVA, nunha cápsula do tempo, debaixo da nosa oliveira:
E