O pasado 21 de novembro, o alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria, disfrutou dunha clase diferente na que aprenderon moito sobre o tema das avispas velutinas.
Manolo Agraso trouxo ao centro un nido de velutinas,así coma unha variedade de trampas que se están a utilizar para acabar con elas.
Partindo destes obxectos foi contando unha chea de datos que ían deixando abraiados aos alumnos/as.
Sabiades que neste niño en concreto podían vivir en torno a 8.000 ou 10.000 avispas?
Fíxonos reflexionar, entre outras cousas, sobre a importancia de manter o equilibrio nos ecosistemas.
Algunhas das familias das nenas e nenos do noso Centro adícanse á apicultura, por iso moitos están sensibilizados co problema das avispas velutinas.Non paraban de facer preguntas!!!!!
Moitas grazas, Manolo, polo teu tempo e xenerosidade.