Mar | ||
---|---|---|
Estimadas familias: Deixámosvos adxunto na parte inferior desta esta entrada un tríptico de información sobre un seguro destinado aos ordenadores EDIXGAL que podedes contratar voluntariamente e directamente a través da dirección que consta no díptico (en ningún caso se tramitan cuestións relacionadas co seguro no centro). Recordamos que en caso de rotura do dispositivo por uso inadecuado, é a familia a que debe facerse cargo do custo da reparación, agás que se teña contratada esta cobertura adicional. Un saúdo.
|