Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Abril 23, 2024

Hoxe visitounos Brais Fierro, ilustrador do cómic de " Roxin Roxal", libro de Manuel Cráneo baseado na lenda que estamos a traballar no proxecto etwinning "From Miño to Portalegre and Beyond". A rapazada de 4ºEP estivo moi atenta a todas as súas explicacións e aprenderon moito.

 

Xoves Maio 23, 2024

Convocadas as axudas para a adquisición de libros de texto e de material conforme a Orde do 7 de maio de 2024. As axudas que se poden solicitar son as seguintes:

- Participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de EP).

- Solicitude dun cheque para a adquisición de material escolar (EP e ESO).

- Solicitude dun cheque para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de EP e alumnado con necesidades educativas especiais).

 

Os trámites pódense realizar ata o día 21 de xuño de 2024 na secretaría do centro ou a través do seguinte enlace:

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Distribuir contido