Aquí tedes un video resumo da actividade "Ler o aire libro", organizada para conmemorar o Día do libro.
O pasado mércores día 4 celebramos "Os maios". Os alumnos e alumnas de 4º de primaria, o alumnado da aula específica e os mestres encargados, fixeron un gran traballo que puidemos desfrutar todo o cole.
Moitas grazas a todas as familias polas súas aportacións de flores e de verde.
E un agradecemento especial á nosa Carmen Sánchez, que pese a estar xa desfrutando da súa xubilación, achegouse a axudarnos. Grazas Carmen!
O venres celebramos o día das Letras Galegas. Tivemos a sorte de que Pedro e Andrea da ACDR O´Castro de Miño viñeran a darnos un concerto de música tradicional. Bailamos unha muiñeira, fixemos unha roda, cantamos e puidemos desfrutar da súa arte coa gaita e coa percusión tradicional.
Ademais, como cada ano, cada clase creo os seus "Poemiños polas letras" que xa están nos comercios da nosa vila para ser repartidos. Cando rematou o concerto, cada clase compartiu un dos seus Poemiños. Cantos poeta temos polo cole!
Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos.
O pasado día 5 de maio o alumnado de 2ºA e de 4ºA que participamos no Proxecto e-Twinning Europeo, fixemos unha andaina polo Camiño de Santiago que pasa pola nosa vila. Esta andaina foi simultánea xunto cos nosos socios portugueses das Escolas Regio de Portalegre. Cando chegamos a Ponte do Porco fixemos unha videochamada con eles, e cando regresabamos pola Senda dos Sentidos, puidemos conectar outra vez. Foi un día de moitas emocións!
A continuación tedes unhas fotos.
O pasado día 18 de maio os nenos e nenas de 2º de primaria fixemos unha saída á Casa das Ciencias e ao Planetario. Collimos o autobús, vimos unha proxección coa que aprendimos moitas cousas e despois estivemos na exposición probando moitas experiencias. Cando acabou a visita merendamos e ao rematar puidemos xogar un ratiño no parque de Santa Margarida. Pasámolo xenial!
Aquí quedan unhas fotiños.