O alumnado de primaria de 2ºA e de 4ºA, e as mestras Mar, Belén, Eva e Zeltia, estamos a participar nun programa europeo: O e-Twinning.
Xunto cos nosxs socixs Europeos das Escolas de Portoalegre, estamos a desenvolver un proxecto chamado "Mariña Camiña", co que traballaremos sobre o noso patrimonio máis cercano. Difundiremos costumes, gastronomía, a nosa paisaxe etc. e tamén aprenderemos cousiñas do patrimonio dos nosxs amigxs portugueses. Estade ben atentos e atentas!
Os alumnos de 2º A eleximos entre as que crearon os compañeiros e compañeiras de 4ºA, e viceversa. As puxemos en mural e votamos. Catro foron as candidatas finais e tan só unha a gañadora. O resultado foi moi axustado, temos moito talento a verdade.
FINALISTAS:
Aquí tedes un video resumo da actividade "Ler o aire libro", organizada para conmemorar o Día do libro.
O pasado mércores día 4 celebramos "Os maios". Os alumnos e alumnas de 4º de primaria, o alumnado da aula específica e os mestres encargados, fixeron un gran traballo que puidemos desfrutar todo o cole.
Moitas grazas a todas as familias polas súas aportacións de flores e de verde.
E un agradecemento especial á nosa Carmen Sánchez, que pese a estar xa desfrutando da súa xubilación, achegouse a axudarnos. Grazas Carmen!
O venres celebramos o día das Letras Galegas. Tivemos a sorte de que Pedro e Andrea da ACDR O´Castro de Miño viñeran a darnos un concerto de música tradicional. Bailamos unha muiñeira, fixemos unha roda, cantamos e puidemos desfrutar da súa arte coa gaita e coa percusión tradicional.
Ademais, como cada ano, cada clase creo os seus "Poemiños polas letras" que xa están nos comercios da nosa vila para ser repartidos. Cando rematou o concerto, cada clase compartiu un dos seus Poemiños. Cantos poeta temos polo cole!
Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos.
O pasado día 5 de maio o alumnado de 2ºA e de 4ºA que participamos no Proxecto e-Twinning Europeo, fixemos unha andaina polo Camiño de Santiago que pasa pola nosa vila. Esta andaina foi simultánea xunto cos nosos socios portugueses das Escolas Regio de Portalegre. Cando chegamos a Ponte do Porco fixemos unha videochamada con eles, e cando regresabamos pola Senda dos Sentidos, puidemos conectar outra vez. Foi un día de moitas emocións!
A continuación tedes unhas fotos.