Dende A Equipa de Normalización Lingüística, queremos poñer en valor os nosos xogos tradicionais. Vai chegar o "Día do Peón" e queremos compartir convosco, diversos recursos para poder xogar e celebralo.
Nos arquivos adxuntos podedes ver:
- O manifesto para o día do peón.
- Un pouco da evolución histórica do peón.
- Un peón para colorear.
Ademáis, nas seguintes ligazóns tedes:
- Xogos en liña sobre vocabulario do peón.
http://pontenasondas.org/dia-do-peon-8-c7/
- Pasapalabra sobre o peón.
https://scratch.mit.edu/projects/125843711/
- Páxina web con cancións e máis recursos sobre "O Día do Peón".
http://brinquedia.net/web/?page_id=8
POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO!