Ven | ||
---|---|---|
Start: 10/05/2019 16:01
I FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS Estimadas familias: A vindeira semana gustaríanos realizar o Festival das Letras Galegas e convidarvos para que desfrutemos todxs xuntxs. A data inicial prevista era o xoves pero como parece que vai chover, estamos esperando ao luns para ver a predición metereolóxica e poder decidir o día no que nos aseguremos bo tempo. Recibiredes unha circular en canto teñamos a data. Gustaríanos poder avisar con máis antelación, pero dependemos do tempo polo que sentimos que teña que ser así. Agradecemos a vosa comprensión e agardamos que poidades vir. |