Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
22
all day
Celebramos o Antroido cun desfile onde personaxes e feitos do século XIX fixéronnos recordar as características desta época histórica. Como cada ano e seguinto a proposta da biblioteca, mergullámonos nun momento da historia para coñecela dende diversos puntos de vista e representámola nesta data tan festiva. Os protagonistas do desfile do Antroido foron os seguintes: Brancaneves e os ananiños dos Irmáns Grimm (Educación Infantil) Darwin e as especies (1º EP) Inventos do Século XIX (2º EP) Vaqueiros da febre do ouro americana (3º e 4º EP) Náufragos e bucaneros da Illa do Tesouro de Stevenson (5º e 6º EP) New York vs Francia (2º ESO A) O París de Toulouse Lautrec (2º ESO B) Drácula (3º ESO) Os personaxes literarios do Século XIX (4º ESO A) Os alumnos de 4º de ESO B foron os encargados de presentar o acto e os de 1º de ESO fixeron desfilar o Meco e leron o seu testamento. | 23
| 24
| 25
| 26
| 27
Start: 27/02/2016 19:45
Os alumnos de 1º ESO están a participar nun proxecto de innovación educativa titulado "Proxecto Terra: O dereito ao hábitat". Como parte do traballo, reflexionaron sobre o hábitat en xeral e analizaron as características do seu, Miño. Realizaron debuxos cos aspectos fundamentais e, con eles, fixeron un mural que instalaron no vestíbulo de Secundaria.
Todos estes debuxos e as súas reflexións recóllense na presentación seguinte.
| 28
|