Os alumnos de 1º ESO están a participar nun proxecto de innovación educativa titulado "Proxecto Terra: O dereito ao hábitat". Como parte do traballo, reflexionaron sobre o hábitat en xeral e analizaron as características do seu, Miño. Realizaron debuxos cos aspectos fundamentais e, con eles, fixeron un mural que instalaron no vestíbulo de Secundaria.
Todos estes debuxos e as súas reflexións recóllense na presentación seguinte.
Dous médicos e un enfermeiro do Centro de Coordinación e Transplantes do CHUAC déronnos unha charla informativa sobre a doazón de órganos.
Logo tivemos unha charla teórico-práctica sobre a R.C.P. Aprendemos a salvar vidas!!!