Skip to Content

actividades

Fin de curso: 50 aniversario e gradación de 4º da ESO

O mércores 21 de Xuño o centro CPIP Cabo de Area coa chegada do fin do curso 22/23 celebrou dous eventos, o 50 aniversario do centro e a gradación de 4º de ESO.

Co 50 aniversario celebrouse un carreira conmemorativa, na cal se correu cunha camiseta deseñada para este día e que se regalou a todas/os as/os participantes. Ademais, ao finalizar a carreira deuse unha mazá, unha barriña enerxética e auga. 

Tamén durante a gradación emitiuse un vídeo para a celebración do 50 aniversario. Este foi creado pola profesora de 3º de Primaria, Mariña Lema, cantado polo seu alumnado, maquetado polo profesor Sergio Pereira, e coa colaboración de toda a comunidade educativa. (Facendo clic na imaxe podedes acceder ao vídeo)

Tedes tamén o vídeo subido a YOUTUBE na seguinte ligazon: https://youtu.be/aheuODGQhMc

Desde o CPIP Cabo dá Area queremos dar as GRAZAS a todas as persoas que fixeron posible estes dous eventos: familias, alumnado, profesorado e persoal non docente.

Tamén desexamos todo o mellor a todo o alumnado de 4º da ESO nesta nova etapa que comezan.

Organización fin de curso Secundaria 2020-2021


No documento adxunto pódese consultar a organización do fin de curso 2020-21 en secundaria.

Fotos do Entroido

As fotos do Entroido 2020 están cargadas no seguinte enlace:

 

https://photos.app.goo.gl/CyvKYD4aDJ9uaBWZ8

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz traballando co libro “Sadako y las mil grullas de papel” de Eleanor Coerr.

 

Conta a historia que unha moza chamada Sadako Sasaki estaba moi enferma debido á exposición á radiación dunha bomba atómica en Hiroshima. Mentres estaba no hospital, o seu amigo Chizuko aconselloulle que fixese grúas de papel, pois unha antiga lenda xaponesa promete que aquela persoa que faga mil grúas de papel, podería pedir un desexo. Por suposto, Sadako, desexaba curarse da enfermidade que a afectaba, pero tamén quería que acabase a guerra.

 

Así pois, o alumnado de Infantil e Primaria púxose mans á obra para neste 30 de xaneiro pedir un mundo mellor no que vivir en paz e sen violencia.

 

Visítanos a escritora Sara Aramburu

Hoxe visitounos a escritora Sara Aramburu, para presentarnos o seu libro, e a falarnos de "Darío".

 

“Darío” é un libro solidario inspirado no sobriño de Sara, con síndrome de Sturge Weber. A obra pretende recoller fondos para a Asociación Española Síndorme de Sturge e así financiar a investigación destes tipos de enfermidades denominadas "raras".

 

Pero este libro non só leva unha mensaxe sobre esta enfermidade, pretende chegar a todos aqueles que a sociedade fai sentir distintos por calquera motivo, e así llo explicou Sara o noso alumnado.

 

Que mañá máis bonita nos fixo pasar!

 

 

Postais de Nadal 2019

Mañá procederase ó intercambio de postais entre o alumnado do centro. Dende o luns 16 levan expostas tanto no edificio de infantil e primaria, como no de secundaria.  

Apurade, vide velas!!

Desfrutamos con Mindfulness

O venres 13 de decembro visitounos Teresa para facer con nós diferentes actividades da coñecida filosofía da meditación Mindfulness. A nosa meta é introducir estas técnicas pouco a pouco no noso día a día da aula favorecendo así a atención e a concentración tan necesarias nun mundo de présas e distraccións.

Podedes ver as fotos dalgúns cursos na actividade no seguinte enlace: 

https://photos.app.goo.gl/adqxFcFV4BzpvWk9A

 

 

 

Participamos no FIOT!

Varios cursos de educación primaria, así como, a educación secundaria do noso centro participaron en Carballo no seu festival de teatro gañando dous premios.

Os gañadores da primeira categoría, na que se inclúen infantil e primaria, foi o grupo Os Reversibles coa obra Daniela séntese Daniel.

E os segundos clasificados na categoría de educación secundaria foi o grupo Todo ao Revés coa obra Seica choven cartos.

A continuación podedes ver o enlace á nota de prensa e ás fotografías da entrega de premios: 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/laxe/2019/11/11/ninos-anadieron-lustre-fiot/0003_201911C11C29913.htm

No seguinte enlace podedes consultar máis fotos da visita a Radio Voz para a gravación:

https://photos.app.goo.gl/7Hp4n2oc4fB9Vh3f6

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut