Día Escolar da non Violencia e da Paz
Celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz traballando co libro “Sadako y las mil grullas de papel” de Eleanor Coerr.
Conta a historia que unha moza chamada Sadako Sasaki estaba moi enferma debido á exposición á radiación dunha bomba atómica en Hiroshima. Mentres estaba no hospital, o seu amigo Chizuko aconselloulle que fixese grúas de papel, pois unha antiga lenda xaponesa promete que aquela persoa que faga mil grúas de papel, podería pedir un desexo. Por suposto, Sadako, desexaba curarse da enfermidade que a afectaba, pero tamén quería que acabase a guerra.
Así pois, o alumnado de Infantil e Primaria púxose mans á obra para neste 30 de xaneiro pedir un mundo mellor no que vivir en paz e sen violencia.