Visítanos a escritora Sara Aramburu
Hoxe visitounos a escritora Sara Aramburu, para presentarnos o seu libro, e a falarnos de "Darío".
“Darío” é un libro solidario inspirado no sobriño de Sara, con síndrome de Sturge Weber. A obra pretende recoller fondos para a Asociación Española Síndorme de Sturge e así financiar a investigación destes tipos de enfermidades denominadas "raras".
Pero este libro non só leva unha mensaxe sobre esta enfermidade, pretende chegar a todos aqueles que a sociedade fai sentir distintos por calquera motivo, e así llo explicou Sara o noso alumnado.
Que mañá máis bonita nos fixo pasar!