Skip to Content

Inglés

Departamento de Inglés

VOLUNTEERING

Este ano imos traballar a fondo ao longo do todo o curso a solidariedade dende o noso pequeno mundo ao gran mundo. Nos distintos niveis iremos facendo actividades, traballos e proxectos. Comenzaremos co voluntariado.

Este é o principio con tres videos para a reflexión.

Lembra que se os queres ver con subtítulas debes premer no botón de axustes e selecciónar 'inglés'.

Volunteer ( young people)

What Does Volunteering Mean To You?

 

TEACHERS' EXPERIENCE IN CANADA

 

A profesora de inglés e o profesor de EPV, Juan Linares, participaron durante un mes no programa PIALE da Consellería de Educación, de integración e actualización lingüística, xunto con outros 23 profesores galegos, asistindo como profesores visitantes a clase en escolas canadenses para estudar o sistema educativo dese país e analizar metodoloxías, dinámicas de clase e actividades. Esperamos que todo o aprendido repercuta no desenvolvemento e mellora das nosas clases e na aprendizaxe do noso alumnado.

KAMISHIBAI INGLÉS-GALEGO

Despois do éxito de "Bolechas at the beach", o alumnado de PDC repite contando contos galego-inglés aos nenos e nenas de infantil.

Esta vez Daniel e Ledicia, xunto coa profe de inglés: Asun del Valle, foron os encargados de estrear o noso Kamishibai contando "The perfect little monster / O perfecto monstriño"

 

 

CULTURAL EVENT WITH LUKE

O luns 13 visitounos de novo Luke da editorial Burlington para darnos dúas charlas culturais, a primeiro ciclo sobre a cultura norteamericana (rímonos cos exemplos que nos amosou de Spanglish), e a segundo ciclo sobre o inglés no mundo. Como o ano pasado, foi todo un éxito, e todos disfrutamos coas súas presentacións, enerxía e simpatía, e co seu Want to be a millionaire onde Borja e Tereixa foron os principais protagonistas.

Moitas grazas á Burlington Books por darnos de novo a oportunidade de disfrutas deste evento cultural!

 

 

THE BIG CHALLENGE

O gran día chegou e o concurso THE BIG CHALLENGE celebrouse en Cabo da Area como estaba previsto no mes de abril.

Esta semana recibimos os resultados e, sobre todo, os premios. Houbo para todos un detalle pola participación ademais de diversos regalos para os gañadores dos diferentes niveis:

Isabel en 1º ESO, Lara en 2º ESO, Luís en 3º ESO, Víctor en 4º ESO.

Debemos destacar que tanto Isabel como Luís foron premiados cunha medalla do concurso pola súa boa puntuación na clasificación xeral na provincia.

A experiencia resultou motivadora e moi positiva polo que para o ano vindeiro, practicaremos con mais entusiasmo.

Grazas a todos e parabéns aos gañadores!

 

SHAKESPEARE E O DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril conmemoramos o centenario do falecemento das dúas grandes figuras da literatura universal: Shakespeare e Cervantes.

Dende a clase de inglés fixemos múltiples actividades para coñecer a figura do bardo e celebrar o Día do Libro cunha exposición sobre a súa vida e obra con posters feitos polo alumnado.

THEATRE: DEATH BY HAIRCUT

Onte o alumnado de Secundaria, fixo unha visita a A Coruña con motivo de asistir á obra de teatro en inglés: Death by Haircut , representada pola compañía Face To Face. Unha obra absurda, disparatada e divertida,que contaba a historia dun peluquero punk en Londres sorprendido pola visita da raiña de Inglaterra, e  que puxo a proba o inglés do noso alumnado para entendela . HOT-DOG???

 

Aquí tedes os audios da obra coa letra da canción (preme na imaxe)  por se vos animades a seguir practicando.

 

SECOND ROUND'S RANKING

Here you have the new ranking:

TREASURE HUNT - 2nd ROUND

We start now the 2nd round of our TREASURE HUNT, so everybody can have the opportunity to be a winner, the only thing you will have to do is to be the first in answering the 20th question of this round.

Here you have the first question, it's so easy that you won't have to search the solution:

Are these holidays typically British or American? Independence Day, Thanksgiving, Mardi Gras

Cheer up!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut